Dicionario de termos literarios
Aparencia
(Redirección desde «DITERLI»)
O Dicionario de termos literarios, tamén coñecido polo acrónimo DITERLI, é un proxecto do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades que se publicou en papel e posteriormente na rede e que achega un corpus léxico relacionado coa literatura.[1]
Tomos
[editar | editar a fonte]Trátase dun proxecto en elaboración, e até o momento os volumes publicados só chegan, por orde alfabética, até os termos que comezan pola letra M. A última versión en rede data de setembro de 2022.
- Volume I (A-D), 1998
- Volume II (E-H), 2003
- Volume III (I-M), 2020.