Grupo de Traballo sobre Homosexualidade de Delft
Grupo de Traballo sobre Homosexualidade de Delft | |
---|---|
Tipo | organización |
Data de fundación | 21 de marzo de 1968 |
Sede | Delft |
País | Países Baixos |
Na rede | |
https://dwhdelft.nl/en/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Grupo de Traballo sobre Homosexualidade de Delft (en neerlandés: Delftse Werkgroep Homoseksualiteit -DWH-) é unha organización independente dos Países Baixos centrada na homosexualiodade, que enfoca as súas actividades na vila de Delft, na Holanda Meridional, e na súa área de influencia. O seu obxectivo é o aumento e o mantemento da aceptación da homosexualidade por parte da sociedade, incidindo particularmente nas campañas de información no ámbito escolar. A asociación tamén é un lugar de encontro para homes e mulleres homosexuais e bisexuais de todas as idades.[1][2]
Forman parte da DWH a Asociación de Homes Novos Homesexuais Outsite (Homojongerenvereniging Outsite) e o Grupo de Traballo de Mulleres Femmes Fatales (Vrouwenwerkgroep Femmes Fatales). Ademais, a DWH mantén colaboración coas asociacións de homosexuais Roze Blok, de Delft, e COC Nederland, que actúa en todo o país.
A DWH publica varios números ao ano da súa revista oficial: Andersblad.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]O Grupo de Traballo sobre Homosexualidade de Delft fundouse en 1968.[2] Nos primeiros anos estaba estreitamente vinculado ao mundo estudantil e formou parte da Federación de Grupos de Traballo de Estudantes sobre Homosexualidade (Federatie Studenten Werkgroepen Homoseksualiteit -FSWH-). Aínda que moitas das asociacións que formaban parte desta federación acabaron finalmente integradas en COC Nederland, a DWH sempre se mantivo como entidade independente.
En abril de 1989, o daquela presidente da DWH, Hans-Paul Verhoef, saltou á actualidade internacional cando foi detido nos Estados Unidos por padecer a SIDA. Verhoef ocultara este dato no seu ingreso, xa que se non fose así se lle negaría o acceso.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "LGBT+ association since 1968". No sitio web da DWH.
- ↑ 2,0 2,1 "Delftse Werkgroep Homoseksualiteit (DWH) Arquivado 30 de maio de 2020 en Wayback Machine.". Apollo.io
- ↑ "Andersblad". No sitio web de DWH.