Dasiuromorfos
Dasiuromorfos Dasyuromorphia Rango fósil: oligoceno - actualidade | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Tigre de Tasmania (Thylacinus cynocephalus), no zoo de Hobart, fotografado en 1928 | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Familias | |||||||||||||||||||
|
A dos dasiuromorfos (Dasyuromorphia) é unha orde de mamíferos marsupiais do clado (ou magnorde, ou superorde, segundo as clasificacións) dos australidelfos, endémicos de Australia e illas próximas.
Clasificación
[editar | editar a fonte]A orde foi establecida en 1872 polo zoólogo e paleontólogo estadounidense Theodore Nicholas Gill
Segundo o SIIT e máis o MSW, comprende as seguintes tres familias:[1][2]
- Dasyuridae Goldfuss, 1820
- Myrmecobiidae Waterhouse, 1841
- †Thylacinidae Bonaparte, 1838
Historia evolutiva
[editar | editar a fonte]A orixe dos dasiuromorfos está no oligoceno superior, sendo a familia dos tilacínidos (Thylacinidae) a primeira que comezou a diferenciarse.
Só unha especie desta familia, o lobo marsupial ou tigre de Tasmania (Thylacinus cynocephalus) sobreviviu até tempos históricos, aínda que se declarou extinto na primeira metade do século XX. As outras especies coñecidas de tilacínidos desapareceron no plistoceno.
A perda da hexemonía dos tilacínidos tivo lugar durante o mioceno tardío, coincidindo coa gran diversificación dos dasiúridos (Dasyuridae), aparecidos durante o mioceno medio.
Ningún dos grupos con especies vivas no presente xurdiu antes do plioceno, pero todos os fósiles procedentes do plistoceno coñecen aínda especies estreitamente emparentadas con exemplares vivos.
Polo que respecta aos mirmecobíidos (Myrmecobiidae), os datos fósiles máis antigos que se coñecen proceden do plistoceno.
Historia natural
[editar | editar a fonte]Estes animais habitan Australia, Tasmania, Nova Guinea e nas illas menores próximas, colonizando gran variedade de ecosistemas desta rexión xeográfica.
A maior parte deles teñen hábitos terrestres, aínda que algunhas especies son exclusivamente arborícolas.
Os hábitos alimenticios varían desde a dieta exclusivamente a base de termes e outros insectos coloniais de Myrmecobius fasciatus á exclusivamente carnívora de Thylacinus cynocephalus.
Características
[editar | editar a fonte]O aspecto e as características anatómicas dos animais integrados nesta orde son tan variadas como os nichosecolóxicos que ocupan, presentando só algúns trazos comúns a todas as especies, como son:
- presentar un marsupio escasamente desenvolvido que, nalgunhas especies, só é evidente en épocas de cría,
- non presentar fenómenos de sindactilia (dedos unidos), e
- ter unha fórmula dentaria poliprotodonte.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dasyuromorphia no SIIT.
- ↑ Dasyuromorphia en MSW.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dasiuromorfos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale.
- McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
- Wilson, D. E. & Reeder D. M. (editores) (2005): Dasyuromorphia en Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 2 vol. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Dasyuromorphia na ADW. Con amplísima información, imaxes e fontes bibliográficas (en inglés).
- Dasyuromorphia na EOL. Con información e numerosas imaxes (en inglés).
- Dasyuromorphia no NCBI.
- Dasyuromorphia Gill 1872 Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Fossilworks.