Andoriña de cu branco
Andoriña de cu branco | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Exemplar en Islandia. | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Delichon urbicum' (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
Amarelo – zona de cría
Azul – inverno | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Hirundo urbica Linnaeus, 1758, Delichon urbica |
A andoriña de cu branco ou avión (Delichon urbicum) é unha ave da familia das Hirundinidae.
Morfoloxía e hábitos
[editar | editar a fonte]É unha ave de 13 cm de lonxitude e 20 gramos de peso. Similar á andoriña común, mais coa cola en forma de V curta. Branca toda a parte inferior do corpo, do queixo á rabadilla. O lombo e parte superior da cabeza son negros con tonalidades azuis. A especie non presenta dimorfismo sexual.
Ave gregaria, voa con picados frecuentes, mais sen a velocidade e versatilidade da andoriña; aliméntase de insectos voadores.
Confiada cos humanos, a especie habita en aldeas, zonas de agro, cantís e canteiras.
Reprodución
[editar | editar a fonte]O período de cría vai de maio a setembro, facendo unha posta de 4-5 ovos. Realiza 2-3 postas ó ano, sendo o tempo de incubación de 12-13 días e permanecendo os polos 16-23 días no niño. Este adoita estar en edificios ou en rochedos e ten forma convexa cun único orificio de entrada.
Distribución
[editar | editar a fonte]De abril a outubro é moi frecuente en toda Europa e Norte de África. Pasa o inverno en África.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Delichon urbicum". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. (en castelán)
- Gran Guía de la Naturaleza AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest (en castelán).