Saltar ao contido

Demografía de Macedonia do Norte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Evolución demográfica de Macedonia do Norte.
División étnica de Macedonia do Norte.

No ano 2007, Macedonia do Norte tiña unha poboación de 2 055 400 habitantes. A esperanza de vida é de 74,2 anos, o 96,1% da poboación esta alfabetizada e a media de fillos por muller é de tan só 1,57.

A lingua materna dos 1,4 millóns de habitantes do estado é a macedonia, un idioma eslavo do sur. O albanés é falado por preto de 500.000 persoas e o turco por 80.000. Actualmente, o goberno macedonio está votando se o albanés debese converter na segunda lingua oficial en Macedonia do Norte. Estímase que hai 120.000 falantes de romaní.

Relixión

[editar | editar a fonte]

A maioría da poboación son membros da Igrexa Ortodoxa de Macedonia do Norte nun 66%, mentres que un 33% son musulmáns e 1% doutras relixións.

A composición étnica actual é a seguinte:[1]

  • Europeos: 93.0% (Macedonios eslavos 64,2% + albaneses 28,8%)
  • Asiáticos: 3,9% (maioría de Turcos)
  • Xitanos: 2,7%
  • Outros: 0,4%

A "Década para a inclusión xitana" é unha iniciativa para mellorar as condicións socio-económicas e a inclusión social das minorías de xitanos nos países participantes, Bulgaria, Croacia, República Checa, Eslovaquia, Hungría, Montenegro, Macedonia do Norte, Romanía, Serbia. Todos eses países teñen unha minoría significativa de xitanos, a cal xeralmente se atopa en desvantaxe social e económica. A iniciativa foi lanzada en 2005 e representa un esforzo multinacional que deberá durar até 2015.[2]

Emigración

[editar | editar a fonte]
Uso non oficial da bandeira da colectividade macedónica en Buenos Aires.

O pobo eslavo de Macedonia emigrou a outros sitios do mundo, principalmente o continente americano. Unha comunidade importante atópase nos Estados Unidos e fomenta o uso dos símbolos nacionais do Sol de Verxina como identificación nacional. No Río da Prata, principalmente nas capitais de Buenos Aires e Montevideo, hai comunidades de macedonios, gregos e outros eslavos.

Datos por ano

[editar | editar a fonte]
Ano Poboación Nacementos Taxa de natalidade Taxa de fecundidade Núm. de falecementos Taxa de mortalidade Saldo natural
1950 1 229 000 49.560 40,3 n.d. 18.023 14,6 31.537
1955 1 351 250 49.093 36,3 n.d. 17.919 13,2
1960 1.391 927 44.059 31,6 4,11 14.007 10,0 30.052
1965 1 499 728 42 433 28,2 3,71 12 758 8,5
1970 1 629 061 37.862 23,2 2,98 12.430 7,6 25.432
1975 1 756 335 39.579 22,5 2,71 12.629 7,1
1980 1 891 318 39.784 21,0 2,47 13.534 7,1
1985 2 016 942 38.722 19,1 2,31 14.408 7,1 24.314
1990 1 881 990 35.401 18,8 2,06 14.643 7,7 20.758
1991 1 899 906 34 830 18,3 2,07 14 789 7,7
1992 1 916 508 33.238 17,3 2,12 16.022 8,3
1993 1 930 408 32.374 16,7 2,17 15.591 8,0
1994 1 947 003 33.487 17,1 2,23 15.771 8,1
1995 1 966 032 32.154 16,3 2,13 16.338 8,3
1996 1 983 099 31.403 15,8 2,06 16.063 8,0
1997 1 996 869 29.478 14,7 1,93 16.596 8,3
1998 2 007 522 29 244 14,5 1,90 16 870 8,4
1999 2 017 141 27 309 13,5 1,76 16 789 8,3 10 520
2000 2 026 345 29.308 14,4 1,88 17.253 8,5 12.055
2001 2 034 881 27 010 13,2 1,73 16.919 8,3 10.091
2002 2 031 152 27 761 13,6 1,77 17 962 8,8 9.799
2003 2 026 773 27.011 13,3 n.d. 18.006 8,9 9.005
2006 2 050 554 12,01 1,57 8,77
  1. "Total population of the Republic of Macedonia, 2004". Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2004. Consultado o 24 de novembro de 2009. 
  2. "Les Roms en Europe". Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2007. Consultado o 24 de novembro de 2009.