Dendrocigninos
Dendrocigninos Dendrocygninae | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Dendrocygna autumnalis | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
|
Os dendrocigninos (Dendrocygninae) son unha subfamilia de aves anseriformes da familia dos anátidos.[1] Comunmente son coñecidos como irerés.[2]
Porén, algúns autores clasifícanos como unha familia independente, a dos dendrocígnidos (Dendrocygnidae),[3] mentres que para outros sería unha tribo, dendrocininos (Dendrocygnini) dentro da subfamilia dos anserinos.
Algunhas clasificacións [1] inclúen nesta subfamilia o xénero Thalassornis, que outros ás veces inclúen na súa propia subfamilia (Thalassorninae).
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome da subfamilia está formado sobre a base do nome do xénero, Dendrocygna, coa desinencia -inae, propia dos nomes das subfamilias zoolóxicas.
En canto ao nome do xénero, fórmase co prefixo do latín científico dendro-, tirado do grego δένδρον déndron, árbore, e o o latín cygna, forma feminina de cygnus, cisne, termo derivado do grego κύκνος kýknos, co mesmo significado.
É dicir, o nome da subfamilia quere dicir, literalmente, 'os cisnes arborícolas'.
Descrición
[editar | editar a fonte]A subfamilia abrangue oito especies de aves acuáticas de corpo esvelto, do tamaño dun pato pequeno, coas patas longas e o pescozo moi longo (que recorda en certo modo aos cisnes, as ás anchas e a plumaxe de cores variadas, semellante nos dous sexos (non hai dimorfismo sexual).
Comportamento e distribución
[editar | editar a fonte]Andan, nadan e mergúllanse ben, e tamén voan, pousando nas ramas das árbores para descansaren. De costumes nocturnos e moi sociábeis, están amplamente difundidos polas rexións tropicais e subtropicais de América, África oriental, Madagascar, Asia meridional e suroriental, Nova Guinea e Australia.
Aliméntanse sobre todo de materias vexetais, que atopan nos bosques pantanosos, lagos con frondosa vexetación acuática, estanques e pozas, e tamén en terreos cultivados e parques, como palmeirais e arrozais.
Teñen, como un dos seus nomes en castelán indica, patos silbadores, patos asubiadores (ou en inglés, whistling ducks), un canto que recorda un asubío.
Especies
[editar | editar a fonte]- Xénero Dendrocygna Swainson, 1837
- Dendrocygna arborea (Linnaeus, 1758)
- Dendrocygna arcuata (Horsfield, 1824)
- Dendrocygna autumnalis (Linnaeus, 1758)
- Dendrocygna bicolor (Vieillot, 1816)
- Dendrocygna eytoni (Eyton, 1838)
- Dendrocygna guttata Schlegel, 1866
- Dendrocygna javanica (Horsfield, 1821)
- Dendrocygna viduata (Linnaeus, 1766)
- Xénero Thalassornis Eyton, 1838
- Thalassornis leuconotus Eyton, 1838
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Alan P. Peterson. Zoonomen. Zoological Nomenclature Resource - Anseriformes.
- ↑ González, Manuel González; Gómez, Silverio Cerradelo; Patiño, Xosé M. Penas; Cousido, Cosme D. Romay. "Nomes galegos das aves de Galicia e de España". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-14.
- ↑ Sibley Arquivado 11 de novembro de 2013 en Wayback Machine..
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Dendrocigninos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Dendrocigninos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carboneras, Carles en: del Hoyo, Josep; Elliot, Andrew & Sargatal, Jordi (1992): Family Anatidae (Ducks, Geese and Swans) en Handbook of the Birds of the World. Volume 1. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-410-5.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Dendrocygninae en ITIS.