Saltar ao contido

Denis Sassou Nguesso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Denis Sassou-Nguesso»)
Modelo:BiografíaDenis Sassou Nguesso

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de novembro de 1943 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Edou (África Ecuatorial Francesa) Editar o valor en Wikidata
Presidente da Unión Africana
24 de xaneiro de 2006 – 24 de xaneiro de 2007
← Olusegun ObasanjoJohn Kufuor →
Presidente da República do Congo
25 de outubro de 1997 –
← Pascal Lissouba
Presidente da Organización para a Unidade Africana
28 de xullo de 1986 – 27 de xullo de 1987
← Abdou DioufKenneth Kaunda (pt) Traducir →
Vice President of the Republic of the Congo (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo mbochi Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoCongolese Party of Labour (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarArmed Forces of the Republic of the Congo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rango militarCoronel Editar o valor en Wikidata
Participou en
29 de outubro de 2019FII 3rd Edition in Riyadh (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAntoinette Sassou Nguesso Editar o valor en Wikidata
FillosEdith Lucie Bongo, Denis-Christel Sassou Nguesso Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDictionary of African Biography,
Africa: An Encyclopedic Reference (en) Traducir, (vol:2) Editar o valor en Wikidata
Páxina webpresidence.cg Editar o valor en Wikidata

Denis Sassou-Nguesso, nado en Edou (daquela pertencente á África Ecuatorial Francesa) o 23 de novembro de 1943, é un político da República do Congo, presidente do seu país dende o 8 de febreiro do 1979 ó 31 de agosto do 1992 e de novo dende o 25 de outubro de 1997 até a actualidade.

Inicios na política

[editar | editar a fonte]

Naceu no distrito de Oyo, no norte do país, cando este aínda era unha colonia francesa, no seo dunha familia católica da tribo mbochi. Seus pais eran Julien Nguesso e Émilienne Mouebara.[1] Era o irmán máis novo da familia.[2] Alistouse no Exército en 1960, xusto antes da independencia do país. Recibiu adestramento militar en Alxeria e Saint Maixent, en Francia, antes de regresar ao seu país para unirse ao rexemento de paracaidistas de elite.

Tiña tendencias socialistas e apoiou a oposición a Fulbert Youlou en Les Trois Glorieuses de agosto de 1963. A pesar disto, tomou parte no golpe de estado que levou a Marien Ngouabi ao poder, e foi un dos primeiros membros do Partido Congolés do Traballo (PCT) cando se fundou en decembro de 1969.

En 1970 Sassou Nguesso foi nomeado Director de Seguridade e ministro do novo consello presidencial. Cando Ngouabi foi asasinado Nguesso desempeñou un papel importante no mantemento do control, liderando brevemente o Comité Militar do PCT que controlou o Estado até a sucesión por parte do coronel Joachim Yhombi-Opango. Sassou Nguesso foi recompensado cunha promoción a coronel e o posto de vicepresidente do CMP.

Primeira presidencia

[editar | editar a fonte]

Permaneceu no cargo de vicepresidente até o 5 de febreiro de 1979, cando Yhomby-Opango foi expulsado do poder nun golpe de estado no que se lle acusou de corrupción e perversión política. O 8 de febreiro o CMP elixiu a Nguesso como novo presidente e no Terceiro Congreso Extraordinario do PCT o seu cargo foi confirmado.

Sassou Nguesso sorprendeu a moitos observadores internacionais que vían nel unicamente un home forte desde un punto de vista militar ao amosar unhas fortes conviccións marxistas, así como habilidades para a política práctica. Negociou préstamos co FMI e permitiulle aos investidores de Francia e os Estados Unidos acceder ás extraccións de petróleo e minerais. Tamén viaxou a Moscova en 1981 para asinar un pacto de amizade de vinte anos coa Unión Soviética.

Foi reelixido presidente por outros cinco anos no Congreso do PCT celebrado en 1984, nos que moderaría as políticas socialistas se a situación así o requiría. Foi presidente da OUA entre 1986 e 1987. A finais de 1987 enfrontouse a unha revolta militar no norte do país coa axuda de Francia.

Tralo Congreso de 1989, Sassou Nguesso viu como se colapsaba o bloque comunista en Europa do Leste e, baixo a presión francesa, empezou a preparar o proceso de transición ao capitalismo. En decembro de 1989 anunciou a fin do control gobernamental da economía e declarou unha amnistía parcial para os presos políticos. Ao ano seguinte tratou de mellorar a situación económica e reducir os niveis de corrupción do seu goberno. Desde agosto de 1990 permitiuse a formación doutros partidos políticos e Sassou Nguesso realizou unha visita oficial simbólica aos Estados Unidos que poñería os cimentos dunha nova serie de préstamos do Fondo Monetario Internacional a finais daquel ano. En febreiro de 1991 decidiuse establecer un goberno democrático e Nguesso apartouse da primeira liña política, deixando que Andre Milongo fose nomeado presidente provisional do CSR até as eleccións de 1992.

Afastamento do poder

[editar | editar a fonte]

Nas eleccións de xuño e xullo de 1992 o PCT conseguiu soamente 19 dos 125 escanos da Asemblea Nacional, a UPADS (Union panafricaine pour la démocratie sociale) de Pascal Lissouba foi o partido máis votado e o MCDDI (Mouvement Congolais pour la démocratie et le développement intégral) de Bernard Kolelas a segunda forza política. Nas eleccións presidenciais de agosto, o combate político librouse entre Lissouba (UPADS) e Kolelas (MCDDI). Lissouba gañou a segunda volta co 61% dos votos. Nguesso foi eliminado na primeira volta tras obter un 17% dos votos.

Lissouba empezou o seu goberno entre acusacións de manipulacións dos votos, o que provocou que incrementase a represión para poder manter o poder. Desde novembro de 1993 até finais de ano, os choques entre os partidarios de Kolelas e Lissouba acabaron cunha cifra de 1.500 mortos. En 1994 Sassou Nguesso abandonou o país con destino a París, de onde non volvería até 1997 para participar nas eleccións electorais programadas para xullo.

Segunda presidencia

[editar | editar a fonte]

O 5 de xuño de 1997 Lissouba ordenoulle ao seu exército que rodease a residencia de Sassou Nguesso en Brazzaville. A milicia de Nguesso combateu co exército e estalou un conflito maior. Ngueso conseguiu o apoio de Angola e do 11 ao 14 de outubro as súas tropas tomaron Brazaville. Lissouba fuxiu e Nguesso foi nomeado presidente o 25 de outubro.

Sassou Nguesso preparouse para permitir unha volta á democracia e empezar un proceso de transición de tres anos en 1998, pero o empeoramento das loitas coa oposición levaron ao fracaso do proxecto. Co incremento do poder das forzas gobernamentais e os subseguintes acordos de paz de 1999 as eleccións reprogramáronse para 2002, aínda que non todos os grupos rebeldes asinaron os acordos. O 10 de marzo Sassou Nguesso gañou con case o 90% dos votos, pois impediuse participar aos seus dous rivais principais, Lissouba e Kolelas, e o único rival de certo talle, Andre Milongo, pediulle aos seus partidarios que boicotearan as eleccións e polo tanto retirouse das mesmas. Acordouse unha nova constitución en xuño de 2002 que lle garantía ao presidente novos poderes e ademais estendía o seu mandato a sete anos ademais de instituír unha nova asemblea bicameral.

Tendo exercido como presidente da Organización para a Unidade Africana, foi elixido presidente da Unión Africana, a organización sucesora da OUA en xaneiro de 2006. Gañou as eleccións presidenciais de 2002 e 2009.[3]

En outubro de 2021, Denis Sassou N'Guesso foi citado no escándalo dos "Pandora Papers". Segundo o consorcio internacional de xornalistas, foi en 1998, xusto despois do regreso ao poder de Denis Sassou N'Guesso, cando a compañía Investimento interafricano rexistrouse nas Illas Virxes Británicas, un paraíso fiscal do Caribe. Denis Sassou N'Guesso nega en bloque que sexan documentos.

  1. "Congo-Brazzaville : Denis Sassou Nguesso, le joueur de poker" (en francés). Jeune Afrique. 30 de agosto de 2012. 
  2. Antoine Daniel Kongo (24 de marzo de 2016). "Congo-Brazzaville: Denis Sassou Nguesso, premier président de la Nouvelle République" (en francés). allAfrica. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2017. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  3. "Congo Republic poll losers challenge president's win". Reuters. 23 de xullo de 2009. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2019. Consultado o 09 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:

Pascal Lissouba
Joachim Yhombi-Opango

Presidente da República do Congo

1997 - actualidade
19791992
Sucesor:

no cargo
Pascal Lissouba
Predecesor:
Olusegun Obasanjo
 Nigeria

Presidente da Unión Africana

20062007
Sucesor:
John Kofi Agyekum Kufuor
 Ghana