Deputación Foral de Guipúscoa
A Deputación Foral de Guipúscoa (en éuscaro: Gipuzkoako Foru Aldundia) é o órgano de goberno do territorio histórico de Guipúscoa, no País Vasco (España).
Ademais das competencias ordinarias que exercen as deputacións provinciais das restantes provincias de España, a Deputación Foral de Guipúscoa exerce competencias específicas derivadas da súa natureza como territorio histórico do País Vasco, en virtude do seu Estatuto de Autonomía.
Deputado Xeral
[editar | editar a fonte]Á fronte da Deputación Foral encóntrase un Deputado Xeral (en éuscaro: Diputatu Nagusia ou Ahaldun Nagusia), que é elixido polas Xuntas Xerais de Guipúscoa.
Deputados Xerais de Guipúscoa dende a Transición
[editar | editar a fonte]- 1979-1983: Xabier Aizarna Azula (PNV)
- 1983-1985: José Antonio Ardanza Garro (PNV)
- 1985-1991: Imanol Murua Arregi (EA) (*)
- 1991-1995: Eli Galdós Zubia (PNV)
- 1995-2003: Román Sudupe Olaizola (PNV)
- 2003-2007: Joxe Joan González de Txabarri Miranda (PNV - EA) (**)
- 2007-2011: Markel Olano Arrese (PNV)
- 2011-2015: Martin Garitano Larrañaga (Bildu)
- Dende 2015: Markel Olano Arrese (PNV)
- Notas
(*) Murua chegou ao cargo en 1985, a metade de lexislatura e substituíndo a Ardanza que pasou a ser lehendakari. Murua era membro do sector crítico do PNV (sector que era maioritario en Guipúscoa) e entrou como deputado xeral sendo formalmente membro do devandito partido. Ao ano seguinte integrouse en EA, partido formado polo sector crítico do PNV. Entre 1987 e 1991 Murua foi deputado xeral elixido como candidato de EA.
(**) PNV e EA acudiron coaligados ás eleccións de 2003. Txabarri é militante do PNV.