Saltar ao contido

Desertificación

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Desertización»)
Mapa sobre a vulnerabilidade á desertificación

A desertificación[1][2] é o proceso polo que un territorio que non posúe as condicións climáticas dos desertos remata adquirindo as súas características debido á destrución da súa cuberta vexetal e á erosión do solo producidas pola acción humana.[1] Segundo datos do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA), o 35 % da superficie dos continentes pode considerarse como áreas desérticas. Dentro destes territorios sobreviven millóns de persoas en condicións de persistente seca e escaseza de alimentos. A expansión destes desertos débese tanto a causas naturais como humanas.

A primeira etapa na desertificación é a destrución da cuberta vexetal deuse en zonas que orixinariamente eran fértiles. Nelas practicábase unha agricultura rotativa. O aumento da poboación obrigou a unha explotación intensiva que produciu o esgotamento dos recursos.

Deserto de Taklimakan na China.

A segunda etapa comeza cando a terra deixa de ser fértil e encóntrase despoxada da súa cuberta vexetal, a auga e o vento erosionan máis rápido ata chegar á roca e modifican a paisaxe.

Mapa de Madagascar en que se percibe a ausencia de selva

Na maior parte das terras de cultivo o solo erosiónase moito máis á présa do que demora en formarse. Necesitaríanse moitas décadas para que a paisaxe volva a cubrirse de verde.

Zonas con desertificación

[editar | editar a fonte]
  • Madagascar: É o país máis erosionado do mundo. O 93 % do bosque tropical e o 66 % da súa selva chuviñosa foron cortados.
  • África: En países moi poboados e con poucos recursos, como os da franxa subsahariana, obsérvase un incremento nas zonas desérticas. Nacións que durante séculos sostiveran sociedades prósperas, áchanse agora no límite da subsistencia.
  • España : España é o país da Unión Europea con máximo índice de desertificación

Nacións Unidas

[editar | editar a fonte]

En 1977 celebrouse en Nairobi, Kenya, a Conferencia das Nacións Unidas sobre desertificación. En 1994 a Organización das Nacións Unidas proclamou o 17 de xuño como o Día Mundial de loita contra a desertificación e a seca.

Véxase támen

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 González González, Manuel (ed.). "Desertificación". Tergal. Consultado o 26/12/2024. 
  2. "210. Desertización ou desertificación: o deserto faise ou facémolo?". www.usc.gal. Universidade de Santiago de Compostela. 2022-06-29. Consultado o 2024-12-26.