Kalahari
Tipo | deserto Desertos e Bosques de Arbustos Xéricos Temperados (pt) ![]() ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Kalahari (Botsuana) (pt) ![]() ![]() | |||
Localizado na área protexida | Parque Transfronteiriço Kgalagadi (pt) ![]() ![]() | |||
Localización | ||||
Continente | África ![]() | |||
| ||||
Bañado por | Río Orange ![]() | |||
Características | ||||
Altitude | 1.168 m ![]() | |||
Dimensións | 4.000 (![]() | |||
Punto máis alto | Monte Brandberg (pt) ![]() ![]() ![]() | |||
Atravesa | Botswana, Namibia e Angola ![]() | |||
Superficie | 930.000 km² ![]() | |||
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/ac/Suricata.jpg/200px-Suricata.jpg)
O deserto do Kalahari é unha grande área semiárida e areosa no sur de África, duns 500.000 km². Ocupa o 70 % de Botswana, e partes de Zimbabwe, Namibia e Suráfrica. Outras fontes estenderían a área do Kalahari ata os 2,5 millóns de km², incluíndo Gabón, a República do Congo, a República Democrática do Congo, Angola e Zambia.
Historia e características
[editar | editar a fonte]O nome provén da palabra tswana Kgalagadi, que significa gran sede. O Kalahari está formado por vastas áreas cubertas por areas de tons avermellados e marróns, e sen ningún tipo de auga na súa superficie. Con todo, o Kalahari non é un auténtico deserto. Partes do Kalahari reciben máis de 250 m³ de choiva ao longo do ano e teñen bastante vexetación. Só é árido de verdade no suroeste (menos de 175 m³ de choiva anual), o que o converte nun deserto fósil. As temperaturas estivais no Kalahari están entre 20 e 40 °C. No inverno, o Kalahari ten un clima frío e seco, con xeadas pola noite. A temperatura mínima media no inverno está por baixo dos 0 °C.