Anselme Gaëtan Desmarest
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de marzo de 1784 Maisons-Alfort |
Morte | 4 de xuño de 1838 (54 anos) Maisons-Alfort |
Lugar de sepultura | Grave of Desmarest (en) Cemiterio do Père-Lachaise, 50 48°51′42″N 2°23′40″L / 48.861743, 2.394375 |
Actividade | |
Ocupación | zoólogo, entomólogo, carcinólogo, ornitólogo, médico, escritor |
Empregador | École nationale vétérinaire d'Alfort (en) |
Membro de | |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Desmarest |
Familia | |
Fillos | Eugène Anselme Sébastien Léon Desmarest |
Pai | Nicolas Desmarest |
Cronoloxía | |
Funeral | |
Descrito pola fonte | Svensk uppslagsbok Obálky knih, Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Anselme Gaëtan Desmarest, nado o 6 de marzo de 1784 en París e finado o 4 de xuño de 1838 en Maisons-Alfort, Val do Marne, Illa de Francia, foi un zoólogo e escritor francés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do xeólogo Nicolas Desmarest (1725-1815), fixo os seus estudos na École centrale, e despois no Prytanée national militaire (Escola Militar).
Protexido por Lacépède (1756-1825), alumno de Georges Cuvier (1769-1832) e de Alexandre Brongniart (1770-1847), dedicou o seu tempo de lecer á Historia natural.
A partir de 1814 foi profesor de zooloxía na École nationale vétérinaire de Maisons-Alfort.
En 1820 foi elixido membro da Académie nationale de médecine.
Foi o pai do entomólogo Eugène Anselme Sébastien Léon Desmarest (1816-1889).
Algunhas publicacións
[editar | editar a fonte]Anselme Gaëtan Desmarest fixo numerosas publicacións sobre os fósiles. Así mesmo publicou, entre outras, as seguintes obras:
- 1805 – Histoire Naturelle des Tangaras, des Manakins et des Todiers
- 1825 – Considérations générales sur la classe des crustacés
- 1816-1830 – Dictionnaire des Sciences Naturelles, con André Marie Constant Duméril.
Abreviarura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Dedsmarets emprégase para indicar a Anselme Gaëtan Desmarest como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.