Saltar ao contido

Diada de Cataluña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Diada do Once de Setembro»)
Diada de Cataluña

Tipodía nacional e día festivo oficial Editar o valor en Wikidata
Localización
Coordenadas41°50′15″N 1°32′16″L / 41.8375, 1.5378
LocalizaciónCataluña Editar o valor en Wikidata
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Data
Día periódico11 de setembro Editar o valor en Wikidata
Características
ConmemoraAsedio de Barcelona (1713-1714) Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

A Diada Nacional de Cataluña ou Diada do Once de Setembro (en catalán: Diada de l'Onze de Setembre) é a festa nacional de Cataluña, que ten lugar cada 11 de setembro.

Este día conmemórase a caída de Barcelona despois de meses de asedio en 1714 perante o duque de Berwick durante a Guerra de Sucesión na que os Borbón, co seu candidato, o futuro Filipe V, e a casa dos Austrias, co arquiduque Carlos, loitaban para se faceren coa coroa de España.

Coa vitoria da dinastía dos Borbón, implántase un sistema político uniforme, derrogándose os privilexios nobiliarios e os sistemas legais provenientes dos diferentes reinos medievais que formaban a España da época. Por iso, o 11 de setembro tamén se lembra a conseguinte abolición das institucións catalás rexidas pola dinastía dos Austrias.

Institucionalización

[editar | editar a fonte]

O Parlamento de Cataluña, no ano 1980, declarou institucionalmente o 11 de setembro como festa nacional de Cataluña. Así fica recollido no artigo 8.1 do Estatuto de Autonomía de 2006, onde se declara:

Cataluña, definida como nacionalidade no artigo 1, ten como símbolos nacionais a bandeira, a festa e o himno.

e no artigo 8.3, que establece:

A festa de Cataluña é a Festividade do Once de Setembro.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]