Diario de Santiago (1848)
Aparencia
Diario de Santiago | |
---|---|
![]() ![]() | |
Fundación | 1848 |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Diario de Santiago.
Diario de Santiago foi un periódico editado en Santiago de Compostela en 1848.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Apareceu en 1848. Imprimíase no establecemento tipográfico de Juan Rey Romero. O seu director literario foi Antonio Neira de Mosquera. Dedicou unha sección a Noticias locais. Publicaba datos de observacións meteorolóxicas, movemento de poboación e estatísticas da ensinanza universitaria, ademais dunha sección de anuncios. Os domingos insería un suplemento titulado Revista Literaria.[1] Continuou a súa liña editorial en El Patriota Compostelano.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Revista Gallega, 2-6-1895, p. 3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Diario de Santiago". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Dobarro e Fandiño (2005). "Diario de Santiago". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.