Divine Styler
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1968 ![]() Brooklyn, Estados Unidos de América ![]() |
Outros nomes | Divine Styler ![]() |
Relixión | Islam ![]() |
Actividade | |
Ocupación | rapeiro ![]() |
Período de actividade | 1988 ![]() |
Xénero artístico | Hip hop alternativo ![]() |
Instrumento | Voz ![]() |
Selo discográfico | Epic Records ![]() |
Sitio web | divine-styler.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Mikal Safiyullah , nado en Brooklyn, Nova York no ano 1968, é un rapeiro alternativo e de culto americano de temáticas islamistas e afrocentristas que traballa baixo o nome artístico de Divine Styler.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de DJ Rick, DJ de Brooklyn asíduo do Studio 54 e do club Zanzibar. Foi invitado no ano 1989 a presentar cancións do seu primeiro LP Word Power ao tamén rapeiro Ice-T, quen, trala proba, engadiu a Divine Styler á súa crew de MC's Rhyme Syndicate. No ano 1992 tras ser desprazado de Rhyme Syndicate á discográfica Giant Records, en contra da súa vontade, preparou como resposta o disco esotérico Spiral Walls Containing Autumns of Light con inspiracións no speed metal, Jimi Hendrix e o filme Dune.
Durante unha paréntese de catro anos entrou en contacto con James Lavelle, o fundador con sede en Londres do influente selo de trip-hop Mo' Wax. Inspirado para comezar a gravar de novo, Divine Styler creou Word Power 2: Directrix. Lanzado en 1998, o proxecto cambiou nunha dirección máis escura e distópica, cunha gran influencia de Blade Runner e literatura da paranoia sobre a Era da información. Divine Styler caracteriza o álbum como "a miña primeira viaxe de ciencia ficción".[1]
Divine Styler é un converso ao Islam, cando abandonou o seu nome de bautizo Mark Richardson; estivo influenciado pola decisión do tamén rapeiro neoiorquino Everlast de facerse musulmán no ano 1996. Moitas das cancións de Spiral Walls Containing Autums of Light son cancións de eloxio a Allah, e a canción de 1999 "Make it Plain" (gravada para o recompilatorio Funky Precedent) detalla a alegría que sente por atopar finalmente un modo de vida que lle encanta, despois de décadas de incerteza e desgrazas.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Word Power (1989, Rhyme $yndicate)
- Spiral Walls Containing Autumns of Light (1992, Giant)
- Word Power, Vol. 2: Directrix (1999, DTX Recordings)
- Def Mask (2014, Gamma Proforma)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Sci-Fi Spiritual Journey of Rapper Divine Styler". bandcamp.com. Consultado o 19-10-2024..