Saltar ao contido

Dupla articulación da linguaxe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Dobre articulación»)

En lingüística utilízase a denominación dobre articulación da linguaxe para facer referencia a unha características fundamental da organización das linguas naturais humanas que permite que cun número reducido de elementos se poida producir unha cantidade ilimitada de mensaxes. Segundo o lingüista funcionalista André Martinet, esta característica é o que opón estas linguas naturais ó resto de sistemas comunicativos.

A primeira articulación supón a existencia nas linguas de unidades que teñen significante e significado: oracións, frases, sintagmas e, por último, monemas (lexemas e morfemas). Por exemplo, como é descompoñible en com- e -o, os dous elementos con significado 'comer' e 'primeira persoa de singular do presente de indicativo'.

A segunda articulación implica que as unidades empregadas nas linguas son segmentables en elementos sen significado (fonemas), que poden ser combinadas desprovistos de sentido. Isto evita sobrecargar a memoria e economizar esforzos, xa que as unidades lingüísticas poden reutilizarse: con só unhas ducias de fonemas e as súas combinacións pódense formar miles de monemas que, arranxados diversamente, transmiten unha infinidade de mensaxes.

Walter Porzig afirma que a articulación é o procedemento que permite distinguir entre a linguaxe dos homes e a dos animais: a enunciación vocal humana é articulada porque se presta a unha división sistemática, por medio da cal chegamos a elementos sonoros significativos; e por outro lado, eses elementos existen porque a súa significación permanente asegura a súa individualidade e nolos fai recoñecer sempre iguais a si mesmos nas máis variadas circunstancias.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.