Domingo Pellicer
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de abril de 1949 Vigo, España |
Morte | 7 de xaneiro de 2020 (70 anos) Pamplona, España |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto |
Empregador | Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid Escuela Técnica Superior de Arquitectura (Universidad de Navarra) (en) |
Domingo Pellicer Daviña, nado en Vigo o 15 de abril de 1949[1] e finado en Pamplona o 7 de xaneiro de 2020,[2][3][4] foi un arquitecto galego, catedrático de construcións da Universidade Politécnica de Madrid e da Universidade de Navarra,[5] e investigador do formigón.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formación e docencia
[editar | editar a fonte]Tras licenciarse en arquitectura pola Universidade de Navarra (1973), comezou a súa actividade docente impartindo a materia "Construción II". En 1977 doutorouse coa tese Tecnología de los Hormigones Estructurales. Dende 1978, ocupou diversos cargos académicos: director de estudos da Escola Técnica Superior de Arquitectura (1978-1982); subdirector da Escola (1982-1994),[6] e director do departamento de Edificación.[7]
Posteriormente, continuou a traballar como profesor nas escolas de arquitectura de Sevilla, A Coruña e Madrid, onde gañou a cátedra de construcións arquitectónicas en 1986.[8] De regreso a Pamplona, continuou co seu labor docente ata a súa xubilación en 2019.
Investigación
[editar | editar a fonte]Desenvolveu varios proxectos de investigación sobre construción con formigón, algúns deles centrados no formigón fabricado en Navarra.[9]
Obra arquitectónica
[editar | editar a fonte]Ademais da súa actividade docente, Pellicer dedicouse profesionalmente ao campo da edificación. Concretamente dsenvolveu vivendas, tanto colectivas como unifamiliares, edificios destinados á docencia e naves industriais. En Bilbao, participou como consultor na edificación do Museo Guggenheim e na rehabilitación do colexio Luis Briñas,[10] ademais de intervir na reparación do frontón de Gernika-Lumo.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casado con Blanca, o matrimonio tivo seis fillos: Blanca, María Eugenia, Teresa, Jesús, Diego e Javier.[6]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Arquitectura
[editar | editar a fonte]Publicou, entre outras, as seguintes monografías:
- El hormigón armado en la construcción arquitectónica (Tomo I e Tomo II), Madrid, Bellisco, 2010, 850 pp. Coedición con Cristina Sanz Larrea.
- Principios de construcción de estructuras, Pamplona, Ulzama, 2010, 289 pp.
- El ladrillo cerámico en la construcción arquitectónica, Madrid, Dossat, 2009, 340 pp. Coedición con Ana Sánchez-Ostiz.
- Construcción de estructuras metálicas, Madrid, Bellisco, 2002.
- Revestimientos y pinturas, Madrid, CIE Dossat 2000, 2003, 232 pp.
- Pavimentos, Madrid, CIE Dossat 2000, [2003], 228 pp.
- Este Coirós, quién viene siendo?: (cartas a un invasor sobre la perversión de la arquitectura), Pamplona, EUNSA, 1986, 175 pp.
Outros temas
[editar | editar a fonte]- Gaudeámonos, hijitos, maio-novembro, 2015, 115 p.
- Mascarada, maio-novembro, 2013, 87 p.
- Cuentos y cuentecillos, 2012, 76 pp.
- Evaristo y el fantasma y otros cuentos, Pamplona, ed. do autor, 2012, 111 pp.
- De obispos y de meigas, Sant Joan Despí, Barcelona, Puerta con Puerta, 2010, 476 pp. Obra sobre o Camiño de Santiago.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "12320 ORDEN de 5 de abril de 1979 por la que se nombra Profesor adjunto de Universidad, disciplina del grupo XX, .Construcción 11. (Escuela Técnica Superior de Arquitectura), en virtud de concurso-oposición". Boletín Oficial del Estado: Gaceta de Madrid (114): 10744. 12 de maio de 1979. Consultado o 9 de xaneiro de 2020.
- ↑ P., E. (9 de xaneiro de 2020). "Fallece el arquitecto vigués Domingo Pellicer, catedrático en la Universidad de Navarra". Faro de Vigo (Vigo). Consultado o 9 de xaneiro de 2020.[Ligazón morta]
- ↑ "Fallece el arquitecto Domingo Pellicer, catedrático de la Universidad de Navarra". Diario de Navarra (en castelán). 8 de xaneiro de 2020. Consultado o 20 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Fallece el arquitecto gallego Domingo Pellicer, docente de referencia en Navarra y reputado investigador sobre el hormigón". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de xaneiro de 2020. Consultado o 20 de xaneiro de 2020.
- ↑ Redacción (8 de xaneiro de 2020). "Fallece Domingo Pellicer, arquitecto y catedrático de la Universidad de Navarra: "Hizo de la Escuela, su casa"". Navarra.com (Pamplona). Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2021. Consultado o 9 de xaneiro de 2020.
- ↑ 6,0 6,1 Gutiérrez, Miguel Ángel (13 de xaneiro de 2020). "Domingo Pellicer, Arquitecto y catedrático de la Universidad de Navarra". Diario de Navarra (Pamplona). p. 66.
- ↑ Redacción (8 de xaneiro de 2020). "Fallece el arquitecto Domingo Pellicer, catedrático de Construcciones de la Universidad de Navarra". Agencia Europa Press (Pamplona). Consultado o 9 de xaneiro de 2020.
- ↑ Agencia EFE (9 de xaneiro de 2020). "Adiós a Domingo Pellicer, prolífico arquitecto y estudioso del hormigón". La Voz de Galicia (A Coruña). Consultado o 9 de xaneiro de 2020.
- ↑ Dirección General de Política Científica (1986). "Escuela Técnica Superior de Arquitectura. Universidad de Navarra". En Ministerio de Educación y Ciencia. Secretaría de Estado de Universidades e Investigación. Recursos humanos en investigación y desarrollo. volumen I: Universidades y CSIC (en castelán) I. Madrid: Centro de Publicaciones del Ministerio de Educación y Ciencia. p. 489. ISBN 8436913086. Consultado o 9 de xaneiro de 2020.
- ↑ "IES Luis Briñas". Bilbaopedia: Enciclopedia del Bilbao metropolitano. Bilbao. 2014. Consultado o 9 de enero de 2020.
- ↑ Redacción (8 de xaneiro de 2020). "Fallece el arquitecto Domingo Pellicer, catedrático de la Universidad de Navarra". Diario de Navarra (Pamplona). Consultado o 9 de xaneiro de 2020.