Saltar ao contido

Dominio (bioloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Dominios da vida»)

En bioloxía, dominio é cada unha das tres principais subdivisións en que se consideran clasificados os seres vivos: Archaea, Bacteria e Eukarya. Ata hai pouco tempo, os seres vivos clasificábanse dependendo da ausencia ou presenza de núcleo nas células que o compoñen (procariota ou eucariota), pero novos estudos a nivel molecular (estrutura dos lípidos, proteínas e xenoma) amosan que dentro das procariotas, as archaea son tan diferentes das bacterias como estas das eucariotas. Nos dominios Archaea e Bacteria só se inclúen organismos unicelulares, namentres que a maioría dos seres vivos (protozoos, plantas, fungos e animais) pertencen ao dominio Eukarya (as eucariotas).

Os virus clasifícanse á parte.

Os dominios subdivídense en reinos.

Árbore filoxenética

[editar | editar a fonte]
        ,______________ Bacteria
  ______|
        |      ,_______ Archaea
        |______|
               |_______ Eukarya
 ?_____________________ Virus