Conduto galactóforo
Aparencia
(Redirección desde «Ductos mamarios»)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0f/Breast_anatomy_normal_scheme.png/250px-Breast_anatomy_normal_scheme.png)
Un conduto mamario (tamén coñecido como conduto galactóforo e en latín, galactophorous ducts)[1][2] é un dos numerosos condutos que transportan leite dende os lóbulos mamarios á mamila.
A glándula mamaria consta de dous elementos fundamentais:
- Os acinos glandulares, onde se atopan as células produtoras de leite.
- Os ductos, conxunto de estruturas arboriformes ou ramificadas, tubulares e ocas, cuxas luces conflúen progresivamente en canalículos máis e máis grosos até terminar nun dos doce a dezaoito galactóforos. Os galactóforos son dilatacións ductais a modo de reservorios situados inmediatamente por detrás da mamila.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "galactophore". Consultado o 13 de agosto de 2017 – vía The Free Dictionary.
- ↑ "galactophorous ducts". Consultado o 13 de agosto de 2017.