Dunedin
Ōtepoti (mi) Dunedin (en) ![]() | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Reinos da Commonwealth | Nova Zelandia | |||
Rexión | Rexión de Otago | |||
Distrito | Dunedin City (en) ![]() ![]() | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 99.885 (2018) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 3.286,2 km² ![]() | |||
Datos históricos | ||||
Creación | 1848 ![]() | |||
Evento clave
| ||||
Organización política | ||||
Membro de | Rede de cidades creativas (2014–) ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 9010, 9011, 9012, 9013, 9014, 9016, 9018, 9022, 9023, 9024, 9035, 9076, 9077, 9081, 9082, 9092 ![]() | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 03 ![]() | |||
Outro | ||||
Irmandado con | Edimburgo (1974–) ![]() | |||
Sitio web | cityofdunedin.com ![]() |
Dunedin é unha cidade de Nova Zelandia situada na baía de Otago (Otago Harbour), un entrante do océano Pacífico que separa á cidade da península de Otago. A cidade fundouse en 1848, e despois de 1861 creceu rapidamente polo descubrimento de ouro.

As industrias principais de Dunedin, outrora núcleo ferroviario, son a enxeñaría, a enxeñaría do software, a biotecnoloxía e a moda. Nos arredores da cidade críase gando ovino e vacún. Otago é tamén un notable centro do ecoturismo, grazas á diversidade biolóxica da península de Otago. Conta co estadio de Rugby (Carisbrook), onde se disputan entre outros, algúns partidos do tri nations, campionato triangular anual que disputan o equipo dos All Blacks, os Wallabies australianos e os Sprinboks surafricanos.
En Dunedin está situada a Universidade de Otago, que ten facultades de arte e música, dereito, medicina e teoloxía, e da Escola Politécnica de Otago.
Nesta cidade está situada a Baldwin Street considerada a rúa con máis pendente do mundo segundo o Libro Guinness dos Récords.
A súa poboación actual é de 121 000 habitantes e é a segunda cidade en importancia da illa do sur, logo de Christchurch.