Saltar ao contido

Duty Free Shoppers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Duty Free»)

Duty Free Shoppers
DFS Group
Área de operaciónGlobal
Data de fundación7 de novembro de 1960
Fundador(es)Charles Feeney, Robert Warren Miller
Director/aBenjamin Vuchot
Nº de empregadosmáis de 9.000
EnHong Kong
PaísIrlanda / EUA; A sede actual está situada en Hong Kong
Na rede
www.dfs.com
editar datos en Wikidata ]
Tenda duty free no aeroporto de Múnic.

As tendas libres de impostos[1] -en inglés duty-free shops- son comercios retallistas que non aplican impostos nin taxas nacionais coa esixencia de que os seus produtos sexan vendidos a aqueles viaxeiros que os levarán fóra do país. Adoitan atoparse na área internacional de aeroportos, portos ou a bordo de avións e barcos de pasaxeiros.[2][3] Non é común atopar un para os viaxeiros que usan o transporte ferroviario ou por estrada, aínda que moitos pasos fronteirizos entre os Estados Unidos e Canadá teñen tendas deste tipo para os viaxeiros que viaxan en coche.

Nalgúns países, as tendas poden participar nun sistema de reembolso turístico. Neste caso, os clientes pagan o prezo total, pero unha vez que cheguen á zona de tránsito internacional poderán recuperar o importe das taxas aplicadas.

Estes privilexios foron suprimidos para viaxes dentro da Unión Europea (UE) en 1999, pero mantéñense para os viaxeiros cuxo destino final está fóra da UE. Algúns territorios especiais dalgúns Estados membros, como Åland, Livigno ou Canarias, a pesar de formaren parte da UE, están fóra da súa unión fiscal, polo que poden ofrecer produtos libres de impostos a todos os viaxeiros.

Historia[editar | editar a fonte]

A primeira tenda libre de impostos do mundo foi creada en 1947 no aeroporto de Shannon, Irlanda, por Brendan O'Regan [4] e segue en funcionamento desde entón. Foi creado para atender aos pasaxeiros das compañías aéreas transatlánticas que viaxaban entre Europa e América do Norte, e que paraban para repostar, xa for ao comezo ou ao final das súas viaxes. Foi un éxito inmediato e foi copiado en todo o mundo.

Este concepto de compras libres de impostos foi desenvolvido máis amplamente por dous empresarios estadounidenses, Charles Feeney e Robert Warren Miller, fundadores da corporación Duty Free Shoppers (DFS), creada o 7 de novembro de 1960. Comezando en Hong-Kong e estendéndose desde alí a Europa e América, a corporación finalmente creceu até se converter nunha empresa global. Feeney vendeu a súa participación en DFS en 1996 por 1,63 mil millóns de dólares estadounidenses, uns 954 millóns de libras esterlinas, e fundou varias organizacións benéficas como The Atlantic Philanthropies.[5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Axencia Tributaria: Cuestións específicas sobre as compras de viaxeiros non residentes en España (UE)". sede.agenciatributaria.gob.es. Consultado o 2024-06-25. 
  2. "And the world's most lucrative airports are ...". web.archive.org; CNNGo.com. 2012-06-17. Consultado o 2024-06-25. 
  3. "Duty-free-store". www.aeroportolisboa.pt. Consultado o 2024-06-25. 
  4. "Obituaries". timesonline.co.uk. 2008-02-13. 
  5. Staff, Mary Whitfill Roeloffs, Forbes (2023-10-09). "The 'James Bond of Philanthropy', who gave away his $8 billion fortune, dies at 92". Forbes Australia (en inglés). Consultado o 2024-06-25. 
  6. Marais, Nicolette (2021-02-25). "Charles Feeney: a billionaire determined to die broke". Briefly (en inglés). Consultado o 2024-06-25. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]