Axencia Europea do Medio Ambiente
Axencia Europea do Medio Ambiente | |
---|---|
Acrónimo | AEE e EEA |
Tipo | decentralised agency of the European Union |
Data de fundación | 7 de maio de 1990 e 1990 |
Director/a | Hans Bruyninckx |
Nº de empregados | 200 (2019) |
Sede | Kongens Nytorv 6 |
Enderezo | Kongens Nytorv 6, 1050 Copenhagen K |
País | Dinamarca |
55°40′52″N 12°35′12″L / 55.681208, 12.586609 | |
Na rede | |
https://www.eea.europa.eu/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Axencia Europea do Medio Ambiente (en inglés: European Environment Agency; EEA) é a axencia da Unión Europea que achega información independente sobre o medio ambiente. A súa misión é a recollida, elaboración e difusión de información sobre a situación e a evolución do medio ambiente a escala europea.
Publica catro tipos de informes, entre os cales salientan os «Indicadores ambientais», considerados a principal contribución da Axencia. Os principais eidos de traballo da AEMA son o cambio climático, a biodiversidade e a produción e consumo sostible, aínda que a área de actividade abrangue un amplo espectro en liña cos principais retos ambientais europeos.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi creada o 7 de maio de 1990 co pulo do Consello da Unión Europea, mais non estivo operativa até o ano 1994. Ten a súa sede na cidade de Copenhaguen, Dinamarca.
No ano 2002, 12 dos países candidatos a ingresar na Unión Europea entraron a formar parte deste organismo, co cal a Axencia converteuse no primeiro organismo da UE en acoller estes países como membros. O consello de administración da Axencia nomeou a británica Jacqueline McGlade como directora executiva no ano 2004. Con anterioridade ocupou este cargo o ambientalista español Domingo Jiménez Beltrán, que foi o primeiro director da institución.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)