Echostar (satélites)
Echostar é o nome duns satélites de comunicacións operados pola empresa estadounidense EchoStar Corporation. Trátase de satélites en órbita xeoestacionaria cuxo primeiro membro foi lanzado en 1995. Aínda que pertencentes a unha mesma empresa e a ter unha mesma función, os satélites Echostar mostran unha variedade de modelos e diversos vehículos para ser postos en órbita.[1]
Echostar 1 e 2
[editar | editar a fonte]Echostar 1 e 2 son satélites idénticos baseados no bus AS-7000 de Lockheed Martin, cunha masa de 3288 kg o primeiro e 2885 kg o segundo, e 16 transpondedores en banda Ku a bordo cada un que permiten a recepción do sinal mediante antenas parabólicas de 50 cm de diámetro desde terra. Echostar 1 foi lanzado mediante un foguete CZ-2E o 28 de decembro de 1995 e o Echostar 2 foi lanzado mediante un Ariane 4 o 11 de setembro de 1996.[2]
Echostar 3, 4 e 7
[editar | editar a fonte]Echostar 3, 4 e 7 usan o bus A2100AX, de Lockheed Martin, e usan cada un 32 transpondedores en banda Ku. As masas de cada satélite son de 3674 kg, 3478 kg e 4026 kg respectivamente. Echostar 3 foi encargado orixinalmente pola empresa Direct Broadcast Satellite Corporation (e nomeado DBSC 1), que foi absorbida posteriormente por Echostar a finais de 1995. Deixou de transmitir en xullo de 2017. Echostar 4 debería ter substituído a Echostar 1, pero unha serie de problemas, como o despregue dun dos paneis solares e complicacións no sistema de propulsión, fixeron que a compañía o tivera en órbita como satélite de substitución con funcionalidade limitada. Echostar 3 foi lanzado o 5 de outubro de 2017 mediante un foguete Atlas 2AS, mentres que Echostar 4 o fixo sobre un Proton K/DM-3 e Echostar 7 foi posto en órbita mediante un Atlas 3B.[3]
Echostar 5 e 6 (Ciel 1 e Bermudasat 1)
[editar | editar a fonte]Os números 5 e 6 da serie Echostar son satélites de alta potencia de transmisión de 3602 e 3700 kg de masa respectivamente, baseados no bus SSL-1300 de Space Systems/Loral e con 32 transpondedores de banda Ku a bordo. En xullo de 2001 un dos tres volantes de inercia uasdos no control de actitude de Echostar 5 fallou. Dos dous volantes restantes, un fallou en decembro de 2003, co que o control de actitude pasou a ter que depender dos propulsores do satélite, reducíndose o tempo que se espera que permaneza activo debido ao consumo de propelente. En marzo de 2005 Echostar 5 foi alquilado a Ciel Satellite Communications do Canadá, pasando a denominarse Ciel 1. Echostar 6 sufriu un fallo parcial nos seus propulsores en 2001, degradándose o seu rendemento. Foi alquilado a Bermudas para dar servizo ao país e renomeado Bermudasat 1. Tanto Echostar 5 como 5 foron lanzados mediante Atlas 2AS.[4]
Echostar 8
[editar | editar a fonte]Echostar 8 foi lanzado o 22 de agosto de 2002 mediante un Proton K/DM-3 desde o cosmódromo de Baikonur. Usa o bus SSL-1300, ten unha masa de 4600 kg e usa 32 transpondedores en banda Ku. Entre setembro e outubro de 2002 dous dos doce propulsores para o mantemento da posición fallaron. O resto de propulsores fan o mesmo traballo sen os que fallaron, a costa dun maior consumo de propelente.[5]
Echostar 9
[editar | editar a fonte]Echostar 9 leva a bordo un dos primeiros transmisores en banda Ka dun satélite comercial, 32 transpondedores en banda Ku e varios en banda C propiedade de Loral Skynet. Usa o bus SSL-1300 e ten unha masa de 4737 kg. Echostar 9 tamén é coñecido como Telstar 13 pola parte de transpondendores en banda C non propietaria de Echostar, nome que cambiou a Intelsat Americas 13 despois da venda de Loral a Intelsat, cambiandoo posteriormente a Galaxy 23. Echostar 9 foi lanzado mediante un foguete Zenit 3SL desde unha plataforma oceánica o 8 de agosto de 2003.[6]
Echostar 10
[editar | editar a fonte]Echostar 10 usa o bus A2100AXS de Lockheed Martin, ten unha masa de 4333 kg e leva 42 transpondedores de banda Ku. Foi lanzado mediante un foguete Zenit 3SL o 15 de febreiro de 2006.[7]
Echostar G1
[editar | editar a fonte]Echostar G1 usa o bus SSL-1300 e ten unha masa de 6634 kg. Orixinalmente era propiedade de ICO Satellite Management, chamándose ICO G1. Cando a compañía cambiou de nome a DBSD North America, Inc. en maio de 2009 o satélite foi renomeado como DBSD G1. Por último, DBSD foi adquirida por EchoStar en marzo de 2012, co que o satélite adquiríu o seu nome definitivo. O satélite proporciona servizos móbiles na banda de 2 GHz. Usa transpondedores en banda S. Foi lanzado mediante un foguete Atlas 5 o 14 de abril de 2008.[8]
Echostar 11 e 15
[editar | editar a fonte]Echostar 11 e 15 usan o bus SSL-1300 de Space Systems/Loral, teñen unha masa de 5511 e 5521 kg respectivamente e levan 32 transpondedores de banda Ku cada un. Echostar 11 foi lanzado o 16 de xullo de 2008 mediante un foguete Zenit 3SL e Echostar 15 foi lanzado o 10 de xullo de 2010 mediante un Proton M.[9]
Echostar 12 (Rainbow 1)
[editar | editar a fonte]Echostar 12 iniciou a súa vida como Rainbow 1, un satélite encargado por Cablevision a Lockheed Martin usando o bus A2100AXS. O satélite foi posto en órbita o 17 de xullo de 2003 mediante un foguete Atlas 5 e vendido en xaneiro de 2005 a Echostar, renomeandoo como Echostar 12. Ten unha masa de 4328 kg e transpondedores en banda Ku. En outubro de 2019 foi retirado do servizo e subido a unha órbita cemeterio.[10]
Echostar 13 (CMBStar 1)
[editar | editar a fonte]Echostar 13 é un satélite cancelado comprado a CMBStar e que inicialmente se denominaba CMBStar 1. Usaría o bus SSL-1300 e daría servizo a China, pero finalmente foi cancelado debido á regulación ITAR. O bus foi reusado no Echostar 23.[11]
Echostar 13 (CMBStar 1)
[editar | editar a fonte]Echostar 13 é un satélite cancelado comprado a CMBStar e que inicialmente se denominaba CMBStar 1. Usaría o bus SSL-1300 e daría servizo a China, pero finalmente foi cancelado debido á regulación ITAR. O bus foi reusado no Echostar 23.[11]
Echostar 14
[editar | editar a fonte]Echostar 14 usa o bus SSL-1300 e ten unha masa de 6379 kg. Foi lanzado mediante un foguete Proton M o 20 de marzo de 2010.[12]
Echostar 16
[editar | editar a fonte]Tamén usa o bus SSL-1300, cunha masa de 6258 kg. Foi lanzado mediante un foguete Proton M o 20 de novembro de 2012.[13]
Echostar 17 (Jupiter 1)
[editar | editar a fonte]Orixinalmente Echostar 17 era Jupiter 1, un satélite que Hughes Network Systems ía lanzar como satélite de comunicacións de seguinte xeración, con capacidade para conmutar ata 100 Gbps de tráfico. EchoStar adquiríu Hughes en febreiro de 2011, co que Jupiter 1 pasouse a denominar Echostar 17. Ten unha masa de 6100 kg, usa o bus SSL-1300 e transmite en banda Ka. Foi lanzado o 5 de xullo de 2012 mediante un Ariane 5 ECA.[14]
Echostar 18
[editar | editar a fonte]Usa o bus SSL-1300 e ten unha masa de 6300 kg. Foi lanzado mediante un Ariane 5 ECA o 18 de xuño de 2016.[15]
Echostar 19 (Jupiter 2)
[editar | editar a fonte]Ao igual que con Echostar 17, Echostar 19 comezou sendo Jupiter 2, de Hughes Network Systems, renomeado despois de ser adquirida por EchoStar. Ten unha masa de 6637 kg, usa o bus SSL-1300 e transmite en banda Ka. Foi lanzado o 18 de decembro de 2016 mediante un Atlas 5.[16]
Echostar 23
[editar | editar a fonte]Echostar 23 usa o bus SSL-1300 e ten unha masa de 5600 kg. Foi lanzado mediante un Falcon 9 o 16 de marzo de 2017.[17]
Echostar 105 (SES 11)
[editar | editar a fonte]Echostar 105, tamén coñecido como 'SES 11, é un satélite encargado conxuntamente por EchoStar e SES World Skies en setembro de 2014. Usa o bus Eurostar 3000 e leva 24 transpondedores de banda Ku a bordo, así como 24 de banda C. Ten unha masa de 5200 kg. Foi lanzado mediante un Falcon 9 o 11 de outubro de 2017.[18]
Echostar 24 (Jupiter 3)
[editar | editar a fonte]Echostar 24, igual que Echostar 17 e 19, foi renomeado de Jupiter 3 ao seu nome final despois da adquisición de Hughes Network Systems por parte de EchoStar. Usa o bus SSL-1300 e pode transmitir cun ancho de banda de ata 500 Gbps. Prevese o seu lanzamento en 2021.[19]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mark Wade (2020). "Echostar" (en inglés). Consultado o 9 de febreiro de 2020.
- ↑ Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "EchoStar 1, 2" (en inglés). Consultado o 9 de febreiro de 2020.
- ↑ Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "EchoStar 3, 4, 7" (en inglés). Consultado o 9 de febreiro de 2020.
- ↑ Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "EchoStar 5, 6 / Ciel 1 / Bermudasat 1" (en inglés). Consultado o 9 de febreiro de 2020.
- ↑ Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "EchoStar 8" (en inglés). Consultado o 9 de febreiro de 2020.
- ↑ Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "EchoStar 9 (Telstar 13, Intelsat Americas 13, Galaxy 23)" (en inglés). Consultado o 9 de febreiro de 2020.
- ↑ Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "EchoStar 10" (en inglés). Consultado o 9 de febreiro de 2020.
- ↑ Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "ICO-G 1 → DBSD G1 → EchoStar G1" (en inglés). Consultado o 10 de febreiro de 2020.
- ↑ Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "EchoStar 11, 15" (en inglés). Consultado o 9 de febreiro de 2020.
- ↑ Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Rainbow 1 → EchoStar 12" (en inglés). Consultado o 9 de febreiro de 2020.
- ↑ 11,0 11,1 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "CMBStar 1 (EchoStar 13)" (en inglés). Consultado o 10 de febreiro de 2020.
- ↑ Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "EchoStar 14" (en inglés). Consultado o 10 de febreiro de 2020.
- ↑ Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "EchoStar 16" (en inglés). Consultado o 10 de febreiro de 2020.
- ↑ Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Jupiter 1 / EchoStar 17" (en inglés). Consultado o 10 de febreiro de 2020.
- ↑ Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "EchoStar 18" (en inglés). Consultado o 10 de febreiro de 2020.
- ↑ Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Jupiter 2 / EchoStar 19" (en inglés). Consultado o 10 de febreiro de 2020.
- ↑ Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "EchoStar 23" (en inglés). Consultado o 10 de febreiro de 2020.
- ↑ Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "EchoStar 105 / SES 11" (en inglés). Consultado o 10 de febreiro de 2020.
- ↑ Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Jupiter 3 / EchoStar 24" (en inglés). Consultado o 10 de febreiro de 2020.