Edelmiro López Iglesias
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2025.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1960 ![]() Bilbao, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela - Doutor en filosofía (1986–1994) ![]() |
Actividade | |
Ocupación | economista, político ![]() |
Empregador | Universidade de Santiago de Compostela, head of department (en) ![]() Universidade de Santiago de Compostela, professor associado (pt) ![]() Xunta de Galicia (2005–2009) Universidade de Santiago de Compostela, director (1999–2005) Universidade de Santiago de Compostela, professor associado (pt) ![]() Universidade de Santiago de Compostela, profesor asistente (1986–1995) Universidade de Santiago de Compostela (1985–1986) ![]() |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Edelmiro López Iglesias, nado en Bilbao en 1960, é un economista e político nacionalista galego. É autor de varios libros e numerosos artigos en revistas especializadas e publicacións colectivas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Doutorouse en Ciencias Económicas na Universidade de Santiago de Compostela, con Premio Extraordinario de Licenciatura e de Doutoramento. Desde 1984 vén desenvolvendo a súa actividade profesional como profesor no Departamento de Economía Aplicada da propia USC. Ademais de 1999 a 2005 ocupou o posto de Director do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA).
A súa investigación viuse centrando nos campos da economía e política agraria, o desenvolvemento rural e a economía galega, nos que ten dirixido catorce proxectos de investigación financiados por diversas entidades e participado como investigador noutros quince. Ten realizado estadías en diversas Universidades e centros de investigación estranxeiros, e actuado como consultor de diferentes organismos internacionais no ámbito das políticas agrarias e de desenvolvemento rural.
De agosto de 2005 a abril de 2009 ocupou o cargo de Director Xeral de Desenvolvemento Rural na Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, asumindo tamén as responsabilidades de Director Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) e Director do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), o organismo encargado da xestión en Galiza das axudas da Política Agraria Común (PAC).