Eduardo Gasset Artime
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Eduardo Gasset y Artime 12 de xuño de 1832 Pontecesures, España |
Morte | 20 de maio de 1884 (51 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | camposanto de San Isidro 40°24′06″N 3°43′36″O / 40.401669, -3.726567 |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Gobernador civil da provincia de Pontevedra | |
Concelleiro de Madrid | |
Senador de España | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, xornalista |
Partido político | Partido Demócrata-Radical |
Familia | |
Fillos | Dolores Gasset Chinchilla, Eduardo Gasset Chinchilla, Rafael Gasset Chinchilla |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Gasset y Artime (Eduardo), p.167) |
Eduardo Gasset Artime, nado en Pontevedra[1] o 12 de xuño de 1832 e finado en Madrid o 20 de maio de 1884, foi un político, escritor e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era fillo de José Gasset Montaner, un militar que moi pronto se xubilou e despois foi funcionario de Correos en Pontevedra e da Dirección Xeral de Lotarías, e de Águeda Artime. Traballou desde moi novo no Banco de San Fernando e no Ministerio de Facenda.
Como político iniciouse en 1858 na Unión Liberal. Foi deputado polos distritos de Padrón, Pontecaldelas e Santiago de Compostela (1858-1866). En 1865 foi nomeado gobernador civil de Pontevedra. Durante o Sexenio Democrático foi deputado por Santiago de Compostela, Cambados e Padrón. Tras ser concelleiro en Madrid, foi nomeado Ministro de Ultramar en 1872, cargo do que dimitiu ó non estar de acordo co Goberno na abolición da escravitude, polas consecuencias que podía ter na situación de Cuba e Porto Rico. Aceptou a restauración en 1874 e foi deputado por Padrón (1878-1881).
Como xornalista comezou colaborando en Las Novedades e en 1855 no Semanario Pintoresco Español, cos poemas "Duerme hijo mío", "La paz del alma" e "Fábula". Posteriormente pasou a ser director deste semanario.
En 1862 fundou o xornal El Eco del País, órgano oficioso do partido unionista e en 1867 El Imparcial, de tendencia liberal, que foi un dos periódicos máis influente en España a finais do século XIX e principios do XX. Tamén fundou en 1870 o xornal La Ilustración de Madrid.
Escribiu poesía, pertencendo ó coñecido como grupo dos prebecquerianos. Foi un dos fundadores e accionistas da Institución Libre de Enseñanza, e membro inicial da Asociación de Escritores y Artistas.
Casado en 1855 con Rafaela Chinchilla tivo sete fillos, entre eles os políticos Eduardo e Rafael Gasset Chinchilla. Outros irmáns deles foron Ramón, Manuela e Dolores Gasset, esta última foi a nai de José Ortega y Gasset. Viviu no pazo da Torre de Xunqueiras, na Pobra do Caramiñal.
Aparece mencionado na IV entrega do artigo "Padrón y las inundaciones" de Rosalía de Castro.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Eduardo Gasset Artime. Real Academia da Historia.
- ↑ Publicado en La Ilustración Gallega y Asturiana o 28 de marzo de 1881 Arquivado 24 de setembro de 2018 en Wayback Machine..