El Diario (1882)
El Diario | |
---|---|
![]() ![]() | |
Fundación | 15 de novembro de 1882 |
Remata | 1885 |
Lingua | lingua castelá e lingua galega |
Localidade | Pontevedra |
Descrito por | Diccionario da literatura galega, Enciclopedia Galega Universal e Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Diario, foi un periódico editado en Pontevedra entre 1882 e 1885.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Diario liberal, apareceu o 15 de novembro de 1882. Periódico de tendencia liberal fundado e dirixido por Andrés Landín, saía diariamente agás festivos. Tiña catro páxinas a catro columnas. Incluíu información política de Madrid, novas da provincia, de Galicia e do estranxeiro, e datos sobre o servizo de correos, o ferrocarril e o estado do mar. As súas críticas centrábanse nos canovistas e nos progresistas. Publicou poemas na sección Variedades, entre eles “Ben-vida d’o Sr. d. Eduardo Vincenti Reguera. Diputado a Cortes por Pontevedra” de Manuel Martínez González, e “Miña terra”, “Recordos”, “Nai infelis” e “A ela” de Albino Simán; tamén apareceron contos de Roque Pesqueira Crespo e Francisco Añón.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Diario, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Diario, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.