Eladio Capón
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de decembro de 1938 (86 anos) Bande, España |
Alcalde de Láncara | |
2009 – 2011 | |
Alcalde de Láncara | |
1983 – 2007 ← José Sangil Fernández | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Láncara |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español Partido Popular |
Membro de |
Eladio Capón López, nado en Bande (Láncara) o 6 de decembro de 1938, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nas eleccións municipais de 1983 presentouse á alcaldía de Láncara encabezando a candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixido alcalde. Continuou como alcalde nas municipais de 1987 e municipais de 1991. Nas municipais de 1995 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións ata 2007, sempre con maioría absoluta. O 22 de outubro de 2009 o PPdG presentou unha moción de censura cun tránsfuga do PSOE e co apoio dos dous concelleiros elixidos por Terra Galega (TeGa) para derrocar da alcadía ao socialista Darío Piñeiro López; como resultado foi novamente elixido alcalde. Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde por maioría absoluta. En 2015 perdeu as eleccións.
Predecesor: José Sangil Fernández |
Alcalde de Láncara 1983 - 2007 |
Sucesor: Darío Piñeiro López |
Predecesor: Darío Piñeiro López |
Alcalde de Láncara 2009 - 2015 |
Sucesor: Darío Piñeiro López |