Helena Zernova
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1951 (72/73 anos) San Petersburgo, Rusia |
Educación | Universidade Estatal de San Petersburgo |
Actividade | |
Ocupación | tradutora, profesora |
Membro de | |
Helena Zernova (en ruso Елена Зернова), nada en San Petersburgo en 1951, é unha profesora e tradutora rusa. Membro correspondente da Real Academia Galega dende 2017.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traduciu e publicou máis de trinta obras literarias ao ruso do galego, castelán, catalán e inglés. Licenciouse en filoloxía hispánica na Universidade Estatal de Leningrado e defendeu en 1976 a súa tese de doutoramento en filoloxía románica. Exerce como catedrática de filoloxía románica na Universidade de San Petersburgo (USP). Como investigadora publicou máis de setenta traballos científicos e foi relatora en máis de corenta congresos internacionais [2]. Pertence á Unión de Escritores de Rusia e mais á de San Petersburgo e dirixe o Centro de Estudos Galegos mais o Centro de Estudos Cataláns da USP.
É responsable da colección Antoloxía da Literatura Galega sobre a historia da literatura galega que publica a Universidade de San Petersburgo dende 1995, na que é coordinadora, seleccionadora e tradutora, e que conta con 20 volumes. Traduciu Xa vai o griffón no vento, Noa de Alfredo Conde, A lingua das bolboretas de Manuel Rivas ou Ser ou non de Xurxo Borrazás. Polo seu labor recibiu en 2016 o Premio Cultura Galega de Proxección Exterior [3].
Editou oito antoloxías bilingües de poetas cataláns, entre elas: L'ombra de l'altre mar. Poesia catalana contemporània (2000) e Temps de miralls exactes: vint dones poetes de parla catalana del segle XX (2001) e publicou en ruso Antologia de contes catalans contemporanis (2006) e unha escolma de Pere Calders (2007). Tamén traduciu ao ruso a obra de Santiago Rusiñol. Tamén traduciu ao autor vasco Bernardo Atxaga.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Membros correspondentes". Real Academia Galega.
- ↑ "A directora dos centros de estudos galegos e cataláns da Universidade de San Petersburgo intervén esta semana na USC con conferencias e seminarios". Universidade de Santiago de Compostela. 22 de setembro de 2014.
- ↑ Premios da Cultura Galega 2016