Emilio Morilla
Aparencia
(Redirección desde «Emilio Morilla Losada»)
Nome orixinal | Emilio Morilla Losada |
---|---|
Biografía | |
Altura | 1,79 m. |
Actividade | |
Posición de xogo | Centrocampista |
Emilio Morilla Losada, nado en Oviedo o 4 de outubro de 1995, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Covadonga, da Segunda División RFEF.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse na canteira do Real Oviedo e militou durante varias campañas no filial, ademais de xogar un ano cedido no Caudal. En 2018 fichou polo Marino de Luanco,[1] club no que militou durante os seguintes catro anos, antes de pasar ao Covadonga. Co equipo ovetense logrou na tempada 2022/23 o cuarto ascenso da súa carreira.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Emilio Morilla llega «ilusionado y con ganas» al Marino" (en castelán). 5 de setembro de 2018. Consultado o 20 de novembro de 2023.
- ↑ "El canterano del Oviedo que ha conseguido cuatro ascensos con 27 años" (en castelán). 26 de abril de 2023. Consultado o 20 de novembro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en LaPreferente (en castelán)