Saltar ao contido

Doenza infecciosa

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Enfermidade infecciosa»)

Micrografía electrónica de cor falsa que amosa un esporozoito de malaria] migrando polo epitelio do intestino medio dunha rata.

Unha doenza infecciosa ou contaxiosa pode ser a manifestación clínica dunha infección provocada por un microorganismo,[1] principalmente por bacterias e virus.[2] No caso dos axentes biolóxicos patóxenos de tamaño macroscópico, como os vermes, non se fala de infección senón de infestación.

Cando a infección ou a infestación é causada por protozoos, vermes ou artrópodos fálase de doenza parasitaria porque os devanditos grupos foron estudados tradicionalmente pola parasitoloxía.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Transmisibilidade

[editar | editar a fonte]

As doenzas infecciosas transmisibles (ou contaxiosas) pódense propagar directamente dende o individuo infectado, a través das súas secrecións, a súa pel ou as súas mucosas ou, indirectamente, a partir da contaminación do aire, dun obxecto inanimado ou dun alimento pola persoa infectada, como adoita ocorrer coa gripe.[3]

Nas doenzas infecciosas non transmisibles o microorganismo non se transmite dun individuo a outro senón que require circunstancias especiais, sexan ambientais, accidentais ou outras, para a súa transmisión. Nestes casos, nos que as persoas infectadas non transmiten a doenza, os microorganismos precisan especies de vectores intermediarios (como o mosquito que causa a malaria) ou transferencia de líquidos corporais (como o sangue das transfusións, as xiringas de uso compartido ou o contacto sexual) para provocar a infección.

A fronteira entre as doenzas contaxiosas transmisibles e non transmisibles non está perfectamente debuxada, como o ilustra o caso clásico da tuberculose, que é claramente transmisible de persoa a persoa pero polo xeral non é considerada unha enfermidade contaxiosa. No presente, a maioría das doenzas de transmisión sexual considéranse contaxiosas pero só algunhas delas esixen illamento médico.

Polo xeral, as epidemias só son causadas por doenzas transmisibles, pero tamén se producen excepcións ocasionais, como a da peste negra. Isto débese a que as epidemias tamén poden considerarse en termos da proporción de persoas infectadas cunha enfermidade transmisible.

Por mor da natureza das doenzas non contaxiosas transmisibles, como a febre amarela ou a filariase, a súa propagación vese pouco afectada polo illamento non médico (das persoas enfermas) ou a corentena (das persoas expostas). Polo tanto, unha «doenza contaxiosa» ás veces defínese en termos prácticos por se o illamento ou a corentena se utiliza como resposta de saúde pública.[4]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]