Engracia Vidal
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1930 Cambados, España |
Morte | 23 de xaneiro de 2024 (93/94 anos) Pontevedra, España |
Actividade | |
Ocupación | relixiosa, escritora |
Engracia Vidal Estévez, nada en Cambados en 1930 e finada en Pontevedra o 23 de xaneiro de 2024,[1] foi unha relixiosa e escritora galega.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Cambados, onde estaba destinado o seu pai como rexistrador da propiedade. Foi a pequena de tres irmáns. Con nove anos marchou a Pontevedra facer o ingreso no Colexio do Sagrado Corazón dos Praceres. Estudou Historia e Teoloxía en Santiago de Compostela; rematou en Madrid a licenciatura de Historia e diplomouse en Teoloxía.
Con vinte anos marchou a Roma para participar nunha formación e ingresou na orde do Sagrado Corazón.[3] Volveu a España destinada ao colexio da congregación do Sagrado Corazón de Granada, onde foi profesora catro anos. Despois volveu a Roma para outra formación máis relixiosa. Con 24 anos foi coma directora para o Sagrado Corazón de Praceres. Volveu ser directora do Colexio de Praceres aos 37 anos e despois pasou a ser directora do colexio de Chamartín de Madrid. Dende 1970 foi directora dunha residencia en Santiago de Compostela para rapazas do rural que non podían estudar o bacharelato nas súas localidades e deu clase no Seminario menor de Belvís (a primeira muller profesora). Saíu da congregación e foi profesora en Ferrol e mais no Instituto A Xunqueira de Pontevedra.
Foi a primeira directora da revista Encrucillada en 1977, da que tamén foi secretaria, e onde publicou múltiples colaboracións. Participou activamente nos inicios da Marcha Mundial das Mulleres.[2] Tamén foi promotora de Mulleres Cristiás Galegas.[4]
Obras
[editar | editar a fonte]- Por unha Igrexa tamén feminina (2000). Ecrucillada, Monográficos. O primeiro ensaio relixioso en galego.[2]
Tradución
[editar | editar a fonte]- Recuperar La Creacion: Por una religión humanizadora, de Andrés Torres Queiruga (2021). Sal terrae; N.º 3. ISBN 978-8429312065.
Homenaxe
[editar | editar a fonte]- Engracia Vidal Estévez. Profecía de fe e galeguidade (2010). Un libro coordinado por Mª Pilar Wirtz Molezún, Maite Pérez Vázquez, Elvira Santos Pena e Marisa Vidal Collazo, maquetado e deseñado por ávila&pite. O libro inclúe tamén un DVD coa entrevista a Engracia Vidal que fixeron Maite Pérez e Marisa Vidal.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Unha vida de compromiso", La Voz de Galicia, 23-10-2010, p. L16.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Carrazoni Mier, Yuri (2024-01-24). "Falece a relixiosa e escritora Engracia Vidal, unha pioneira e revolucionaria da Igrexa galega". Nós Diario. Consultado o 2024-01-24.
- ↑ Gallego, El Correo (2024-01-24). "Dolor por el óbito de la religiosa Engracia Vidal Estévez, primera directora de ‘Encrucillada’". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 2024-01-25.
- ↑ "Profecía de fe e galeguidade". Encrucillada Revista. Consultado o 2024-01-25.
- ↑ "Asoc. Mulleres Cristiás Galegas · Exeria - Libros". www.exeria.org. Consultado o 2024-01-25.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alvarellos, Enrique (1993). Mulleres destacadas de Galicia. Alvarellos Editora. p. 325. ISBN 84-85311-96-5.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Engracia Vidal Estévez na páxina web do proxecto Do gris ao Violeta
- Engracia Vidal Estévez por Ana Santos
- Engracia Vidal Estévez na web do Consello da Cultura Galega