Cascallo
Aparencia
(Redirección desde «Entullo»)
- Para cascallo como material granular, véxase grava.
Denomínase cascallo[1] ao fragmento ou resto de material que provén do refugallo da construción, remodelación ou demolición de estruturas.
Tipos de cascallo
[editar | editar a fonte]Existen dous tipos de cascallos:
- os refugallos (fragmentos) de elementos prefabricados, como materiais de cerámica, bloques de cemento, demolicións localizadas etc.
- os refugallos (restos) de materiais elaborados na obra, como formigón e morteiros, que conteñen cemento, cal, area e pedra.
Os cascallos de construción compóñense de restos e anacos de materiais, mentres os de demolición están formados practicamente só por fragmentos, tendo por iso maior potencial cualitativo comparativamente cos cascallos de construción.
Máquina trituradora de cascallos
[editar | editar a fonte]Trituradora fixa
[editar | editar a fonte]- Trituración primaria: trituradora de mandíbulas
- Trituración secundaria: trituradora de impacto
- Trituración terciaria: trituradora de cono[2]
Trituradoras móbiles
[editar | editar a fonte]- Trituración primaria: trituradora móbil de mandíbulas
- Trituración secundaria: trituradora móbil de impacto
- Trituración terciaria: trituradora móbil de cono
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cascallo.
- ↑ "Maquina trituradora de escombros". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 30 de novembro de 2018.