Epiciclo

O epiciclo (do latín tardío epicyclus, e este do grego, επίκυκλος epíklykos, lirteralmente 'sobre o cíurculo') era o modelo xeométrico ideado para explicar as variacións de velocidade e dirección (retrogradación) do movemento aparente dos planetas. Foi deseñado por Apolonio de Perge a finais do século tercero a.C., e nel baseouse o astrónomo Claudio Tolomeo para elaborar a súa versión da teoría xeocéntrica.
Coa mellora das observacións necesitouse engadir máis círculos ao modelo para adecualo, facéndoo impracticábel. Coa chegada da teoría heliocéntrica de Nicolao Copérnico e a explicación do movemento planetario en órbitas elípticas, por Johannes Kepler, quedou obsoleto o modelo dos epiciclos.
Elementos básicos do sistema planetario de Tolomeo
[editar | editar a fonte]

O planeta móvese sobre o epiciclo (circunferencia pequena de trazos, na figura da esquerda), cuxo centro á súa vez se move sobre o deferente (circunferencia grande de trazos).
O centro do deferente é X, pero o movemento angular do epiciclo é aparentemente acorde só respecto ao punto (·), que é o ecuante.
O deferente é o percorrido circular que describe o centro do epiciclo.
O ecuante é o punto en torno ao cal se move o planeta na súa traxectoria, aparentemente.
Para explicar a irregularidade do movemento dos planetas, Tolomeo afirmaba que, se ben desde a Terra a velocidade planetaria non parece ser regular, si o era desde o punto ecuante.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Epiciclo |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Epiciclo, en astronomia2009 (en castelán) Consultada o 22/12/2012.
- El derrumbe del universo ptolomeico, en historiadelaciencia (en castelán) Consultada o 22/12/2012.