Saltar ao contido

Esquines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Esquines de Atenas»)
Modelo:BiografíaEsquines

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(grc) Αἰσχίνης Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 390 a. C. Editar o valor en Wikidata
Atenas, Grecia Editar o valor en Wikidata
Mortec. 322 a. C. Editar o valor en Wikidata (67/68 anos)
Samos, Grecia Editar o valor en Wikidata
Embaixador
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, orador, diplomático, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAntigüidade clásica Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX918426

Esquines (en grego Αἰσχίνης), nado en Atenas en -389 e morto en Samos en -314, foi un político e orador ateniense. Foi un dos dez oradores áticos.

Esquines foi un duro rival de Demóstenes, ao que se enfrontou política e xudicialmente. Esquines representaba a facción promacedonia de Atenas, mentres que Demóstenes reclamaba a guerra contra Filipo II.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Non están claros os datos relativos ao seu parentesco e aos seus primeiros anos, aínda que parece probábel que os seus pais, aínda que pobres, fosen respectábeis. O pai de Esquines foi Atrometo, un profesor de letras da escola elemental. A súa nai, Glaukotea, asistía nos ritos relixiosos de iniciación para os pobres. Logo de axudar ao seu pai na escola, pasou un tempo como actor, e serviu no exército, onde se distinguiu. Tamén ocupou varios postos de alguacil en tribunais, e en particular na Boulé.

Entre as campañas nas que participou Esquines atópase a de Fliúnte no Peloponeso (-368), a batalla de Mantinea do ano 362, e a campaña de Foción en Eubea (-349). A caída de Olinto (-348) levou a Esquines á area política, e foi enviado nunha embaixada para levantar ao Peloponeso contra Filipo II de Macedonia.

Na primavera de -347, Esquines dirixiuse á asemblea dos Dez Mil de Megalópole, Arcadia, apremándoos para se uniren e defenderen a súa independencia en contra de Filipo. Con todo, no verán de 347 formou parte da embaixada de paz enviada a Macedonia, momento no que parece que Filipo logrou poñelo completamente da súa parte.

As súas dilatorias durante a segunda embaixada (-346) que fora enviada para ratificar os termos do tratado de paz entre Atenas e Macedonia fixeron que fose acusado por Demóstenes e por Timarco de alta traizón. Esquines contraatacou acusando a Timarco de perder o dereito de falar fronte ao público como consecuencia das súas relacións na mocidade, que lle deixaron unha reputación de prostituto (Timarco fora o eromenos de moitos homes na cidade portuaria do Pireo).

Esquines tivo éxito: Timarco foi sentenciado a atimia e foi destruído politicamente, segundo Demóstenes. Este comentario foi máis tarde interpretado por Pseudo-Plutarco nas súas Vidas dos Dez Oradores como que Timarco se aforcou tras abandonar a asemblea, aínda que este feito é discutido por algúns modernos historiadores [1]

Este discurso, Contra Timarco, é considerado moi importante pola gran cantidade de leis atenienses que cita, e pola luz que bota sobre a construción de relacións homosexuais entre os homes desa época. En particular, é un documento moi valioso que mostra a permisividade que existía entre os atenienses á hora de contemplar as relacións homosexuais entre homes e novos. Mostra que ditas relacións eran permitidas a condición de que estivesen baseadas no desexo e na persuasión, tal e como Esquines describe as súas propias relacións con mozas, as súas discusións con eles e os poemas que lles dirixe, á vez que o utiliza para evitar que ditas relacións poidan usarse na súa contra. Por outra banda, as relacións que estaban baseadas en acordos financeiros nos que o mozo vendía os seus favores a cambio de diñeiro (que era do que se acusaba a Timarco), non eran aceptadas e, pola contra, eran condenadas.

Como consecuencia do seu exitoso ataque a Timarco, Esquines foi absolvido dos cargos de traizón que este lle imputou [2].

En -343 Demóstenes renovou os seus ataques contra Esquines no seu discurso titulado Sobre a Falsa Embaixada. Esquines replicou con outro discurso homónimo e logrou unha vez máis ser absolvido das acusacións. En -339, sendo un dos delegados atenienses (pylagorae) na Anfictionía, pronunciou un discurso que desencadeou a Cuarta Guerra Sagrada.

Nun intento de vinganza, Esquines buscou imputar a culpa destes desastres a Demóstenes. En -336, cando Ctesifonte propuxo que o seu amigo Demóstenes fose galardoado coa Coroa de Ouro polos seus distinguidos servizos ao estado, foi acusado por Esquines de violar a lei ao propoñer dita moción. O tema seguiu en discusión ata o ano -330, momento en que os dous rivais pronunciaron as discursos Contra Ctesifonte e Sobre a Coroa. O resultado foi unha completa vitoria de Demóstenes.

Esquines exiliouse de forma voluntaria e foise vivir a Rodas, onde abriu unha escola de retórica. Máis tarde mudouse á illa de Samos onde morreu á idade de setenta e cinco anos.

Os seus tres discursos, que na antigüidade recibiron o alcumo de "as tres grazas", sitúanse ao nivel dos de Demóstenes. Focio menciona nove cartas escritas por Esquines ás que denomina "as nove musas"; as doce que están publicadas baixo o seu nome (Hercher, Epistolographi Graeci) non son xenuínas.

  1. Nick Fisher, Aeschines: Against Timarchos, "Introduction," p. 22 n. 71; Oxford University Press, 2001.
  2. Nick Fisher, Aeschines: Against Timarchos, "Introduction," p. 22 n. 71, passim; Oxford University Press, 2001.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Fontes antigas

[editar | editar a fonte]

Outra bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Stechow, Aeschinis Oratoris vita (1841)
  • Marchand, Charakteristik des Redners Aschines (1876)
  • Castets, Eschine, l'Orateur (1875)
  • Historias de Grecia: esp. A. Holm, vol. iii (Eng. trans., 1896); A. Schafer, Demosth. und seine Zeit (Leipzig, 1856-1858).
  • Esquines (2002). Discursos. Testimonios y cartas. Introducciones, traducción y notas de José María Lucas de Dios. Madrid: Editorial Gredos. ISBN 978-84-249-2321-1. 
Sobre Esquines
  • García Ruiz, J.M. (1998). El empleo de sentencias en los Discursos I y II de Esquines y XVIII y XIX de Demóstenes. Corolla Complutensis in memoriam Josephi S. Lasso de la Vega. Ed. L. Gil - M. Martínez Pastor, R.M. Aguilar. Madrid, Universidad Complutense. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • J.F. Dobson: Os oradores gregos (The Greek Orators, 1919).
  • Os discursos de Esquines.
    • Texto inglés en Google Books.
      • Sobre a embaixada (Περί της Παραπρεσβείας).
        • Texto inglés: tradución de Charles Darwin Adams (1856 - 1938), se cadra extraída de The Speeches of Aeschines, with an English translation by Charles Darwin Adams (Os discursos de Esquines, con tradución inglesa de Ch. D. A., 1919).
          • Texto inglés no Proxecto Perseus. Poden empregarse os rótulos activos "focus" (para obter o texto grego) e "load" (para o texto bilingüe).
      • Contra Timarco (Κατά Τιμάρχου).
        • Texto francés, con introdución na mesma lingua, no sitio de Philippe Remacle (1944 - 2011). Ed. de 1820 do texto resultante da corrección de J. Planche da trad. de Athanase Auger (1734 - 1792); falta un fragmento considerado obsceno na época da tradución. Os números en azul son rótulos activos que serven para cambiar ao grego.
        • Texto francés Arquivado 08 de xullo de 2017 en Wayback Machine. nun sitio Arquivado 09 de outubro de 2014 en Wayback Machine. da Universidade Católica de Lovaina. Inclúese o fragmento omitido na edición da tradución de Auger corrixida por Planche.
        • Texto inglés en PDF en Google Books, extraído d'Os discursos de Esquines; tradución de Charles Darwin Adams.
          • Texto inglés, con índice electrónico, no Proxecto Perseus. Na parte superior dereita atópanse os rótulos activos "focus" (para cambiar ao texto grego) e "load" (para o texto bilingüe).
      • Contra Ctesifonte (Κατά Κτησιφώντος).
        • Texto francés, con introdución na mesma lingua, no sitio de Ph. Remacle. Ed. de 1820 do texto resultante da corrección de Planche da trad. de Auger. Os números en azul son rótulos activos que serven para cambiar ao grego.
        • Texto inglés; tradución de Thomas Leland (1722 - 1785).
          • Texto inglés no Proxecto Perseus, coas características indicadas antes.
            • Texto grego no sitio de Ph. Remacle. Os números en azul son rótulos activos que serven para cambiar á tradución francesa de Auger corrixida por Planche.
            • Texto grego en Wikisource.
  • Obras de Esquines en grego en Wikisource.