Estación de Haro
Haro | |
---|---|
![]() A estación en 2007. | |
Situación | Haro (A Rioxa) |
Coordenadas | 42°35′01″N 2°50′57″O / 42.583638888889, -2.8492777777778 |
Liñas | |
Longa Distancia | Alvia |
Media distancia | MD, Rexional Exprés |
A estación de Haro é unha estación de tren de Adif situada na localidade de Haro, na Rioxa. Ten servizos de longa e media Distancia operados por Renfe. Dispón tamén de instalacións loxísticas usadas polos trens de mercadorías.
Situación ferroviaria
[editar | editar a fonte]A estación atópase no punto quilométrico 127,8 da liña férrea de ancho ibérico que une Castejón con Bilbao por Logroño e Miranda de Ebro a 452 metros de altitude.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]A estación foi inaugurada o 30 de agosto de 1863 coa apertura do tramo Castejón-Orduña da liña férrea que pretendía unir Castejón con Bilbao. As obras correron a cargo da Compañía do Ferrocarril de Tudela a Bilbao creada en 1857.[2] En 1865 a compañía declarouse en suspensión de pagos por non poder superar as dificultades económicas derivadas do investimento realizado na construción da liña e foi intervida polo Banco de Bilbao.[3] En 1878, foi absorbida por Norte que mantivo a titularidade da estación ata a nacionalización do ferrocarril en España en 1941 e a creación de Renfe.
Dende o 31 de decembro de 2004 Renfe explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
A estación
[editar | editar a fonte]Sitúase no barrio das Bodegas. O edificio para viaxeiros é unha ampla estrutura de base rectangular e dúas alturas con disposición lateral ás vías. Dispón dunha vía principal e de catro derivadas aínda que só dous acceden a unha plataforma lateral e a outra central. Ambas están protexidos parcialmente cunhas marquesiñas metálicas. Posúe outras catro vías máis todas elas mortas, que derivan a unha zona de carga que dispón dun peirao cuberto.
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]Longa distancia
[editar | editar a fonte]Actualizado a 6 de xullo de 2016.
Tren | Orixe | Paradas intermedias | Destino | Observacións |
---|---|---|---|---|
Alvia | Barcelona-Sants | Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Alfaro · Calahorra · Logroño · Haro · Miranda de Ebro | Bilbao-Abando | 2 trens diarios por sentido |
Media distancia
[editar | editar a fonte]Actualizados a 6 de xullo de 2016.
Liña | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
22 | MD Rexional Exprés |
Zaragoza-Delicias | Logroño Salamanca |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Haro (Apt.) Euroferroviarios
- ↑ "Castejón de Ebro á Bilbao (vía Logroño y Miranda de Ebro)". Spanish Railway (en castelán). Consultado o 2022-04-09.
- ↑ Historia do Tudela-Bilbao Arquivado 23 de xuño de 2010 en Wayback Machine. AFERioja
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Haro ![]() |
- Información na web de Adif Arquivado 09 de agosto de 2016 en Wayback Machine.