Nuevo Pepico Amat
Nuevo Pepico Amat | |
---|---|
O Nuevo Pepico Amat en novembro de 2012. | |
Datos | |
Coordenadas | 38°28′02″N 0°47′46″O / 38.467356, -0.796031 |
Localización | Rúa Heidelberg / Avenida de Ronda Elda, España |
Nome completo | Estadio Municipal Nuevo Pepico Amat |
Construción | |
Construción | 2012 |
Inauguración | 30 de setembro de 2012 |
Estadio | |
Dimensións | 105x70 m |
Capacidade | 3,025 |
Propietario | Concello de Elda |
Localía | Eldense |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Estadio Municipal Nuevo Pepico Amat é un estadio multiusos situado en Elda, na provincia de Alacant. Cunha capacidade para 3.025 espectadores, úsase principalmente para partidos de fútbol, xogando nel como local o CD Eldense.
Historia
[editar | editar a fonte]No ano 2011 o Concello de Elda iniciou as obras de construción dun novo estadio a 300 metros do Estadio Municipal Pepico Amat, coa intención de converter o recinto do antigo estadio nun centro comercial.[1] O custo do novo estadio alcanzou os 4,5 millóns de euros, e foi bautizado como "Nuevo Pepico Amat".[2] O CD Eldense, xogou o seu último partido no "vello" Pepico Amat o 29 de agosto de 2012, nun empate sen goles contra o Orihuela CF.[3]
O novo estadio inaugurouse o 30 de setembro de 2012, cun partido entre o Eldense e o CF Borriol, correspondente á Terceira División.[4] Construído inicialmente con céspede artificial e clasificado como estadio de 2 estrelas pola UEFA, o campo pasou a ser de herba natural en agosto de 2021.[5]
O estadio leva o nome de Pepico Amat, antigo futbolista e adestrador nacido na cidade, que ademais de xogar e adestrar no Eldense, militou na Primeira División nas filas do Espanyol.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Recalificarán el suelo del Pepico Amat para permitir un centro de ocio" (en castelán). 29 de abril de 2011. Consultado o 19 de febreiro de 2025.
- ↑ "El nuevo Pepico Amat entrará en juego la próxima temporada" (en castelán). 17 de novembro de 2011. Consultado o 19 de febreiro de 2025.
- ↑ "El Eldense dice adiós al Pepico Amat con un empate, como en su estreno" (en castelán). 29 de agosto de 2012. Consultado o 19 de febreiro de 2025.
- ↑ "El Nuevo Pepico Amat cumple hoy 10 años" (en castelán). 30 de setembro de 2022. Consultado o 19 de febreiro de 2025.
- ↑ "El Nuevo Pepico Amat de Elda recibe el césped natural" (en castelán). 11 de agosto de 2021. Consultado o 19 de febreiro de 2025.