Estrelamar
Aparencia
(Redirección desde «Estrela do mar»)
A estrelamar[1] tamén chamada cercella[2], gradicela [3] ou estrela de mar[4], é un animal equinodermo que ten polo xeral cinco brazos a partir dun centro con simetría pentarradial. Enuméranse polo menos 1.600 especies repartidas en máis de trinta familias en todos os océanos. As estrelamares non teñen esqueleto e desprázanse por medio de pés ambulacrais, que forman parte do seu sistema ambulacral, formado por pequenos tubos na cara ventral, presentes igualmente nos ourizos do mar, que poden encherse de auga e serven para a locomoción.
Denomínase tamén rañacú, pola súa áspera superficie.
Co nome de estrelamar tamén se denominan dúas plantas:
- Plantago coronopus, acianos, estrela de mar, herba estrela (pola súa forma estrelada).
- Teesdalia nudicaulis
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para estrelamar.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cercella.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para gradicela.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para estrela.