Saltar ao contido

Wireshark

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ethereal»)
Captura de pantalla

Wireshark, antes coñecido como Ethereal é un analizador de protocolos utilizado para realizar análises e solucionar problemas en redes de comunicacións para o desenvolvemento de software e protocolos, e como unha ferramenta didáctica para o ensino. As funcións do Wireshark parécense ao tcpdump pero cunha interface GUI, con máis información e coa posibilidade de utilización de filtros.