Eurocopter AS355 Écureuil 2
Eurocopter AS355 Écureuil 2 | |
---|---|
Tipo | helicóptero lixeiro utilitario |
Fabricante | Aérospatiale, Eurocopter, Airbus Helicopters |
Primeiro voo | 28 de setembro de 1979 |
Produción | 1975-presente |
O Eurocopter AS355 Écureuil 2 (agora Airbus Helicopters), tamén chamado Twin Squirrel, é un helicóptero lixeiro utilitario bimotor fabricado orixinalmente por Aérospatiale en Francia (despois parte do Eurocopter Group e hoxe Airbus Helicopters). O AS355 está comercializado en Norteamérica como o TwinStar.
Deseño e desenvolvemento
[editar | editar a fonte]O desenvolvemento en Aérospatiale comezou a principios dos 70 para substituír o Aérospatiale Alouette II, e o primeiro voo tivo lugar o 27 de xuño de 1974. Unha versión de dous motores, coñecida como o Écureuil 2, Twin Squirrel, ou en Norteamérica como o TwinStar, voou por vez primeira o 28 de setembro de 1979.[1]
A pesar da introdución do Eurocopter EC130 en 2001, a produción tanto do AS350 como do AS355, e dos seus equivalentes militares AS550 e AS555 Fennec, continuou durante algún tempo. En 2007 entrou en servizo a variante máis capaz AS355 NP con motores FADEC. En setembro de 2015 Airbus Helicopters anunciou que remataría de fabricar o AS355 para centrarse en helicópteros con mellores vendas (a produción do AS350 aínda continua). A fabricación do AS355 continuou ata 2016 cando se completou a lista de pedidos.[2]
Variantes
[editar | editar a fonte]Bimotores
[editar | editar a fonte]- AS355
- Prototipo do bimotor Écureuil 2 ou Twin Squirrel.
- AS355 E
- Versión inicial de produción, cun só sistema hidráulico e dous motores turboeixo Allison 250-C20F.
- AS355 F
- Versión mellorada cos dous sistemas hidráulicos e un incremento do peso máximo de engalaxe de 2 300 kg.
- AS355 F1
- Equipado con dous motores Allison 250-C20F e con 2 400 kg de peso máximo.
- AS355 F2
- Impulsado por dous Allison 250-C20F, con 2 540 kg de peso máximo e un sistema de compensación de guiñada.
- AS355 M
- Versión armada inicial do AS355 F1.
- AS355 M2
- Versión armada do AS355 F2. Substituído polo AS555 Fennec.
- AS355 N Ecureuil 2
- Versión equipada con dous motores Turbomeca Arrius 1A e un sistema de Control de Motor Electrónico con Autoridade Total (FADEC) para un mellor peso máximo na engalaxe (2 600 kg) e un mellor rendemento cun só motor. Púxose tamén a correa do rotor de cola ao longo do lado de estribor da pluma de cola para mellorar o control de xiro.
- AS355 NP Ecureuil 2
- Introducida en 2007, esta versión ten dous motores turboeixo Turbomeca Arrius 1A1 e unha nova transmisión principal baseada na do AS350 B3, peso máximo na engalaxe incrementado ata os 2 800 kg.[3]
- HB.355F Esquilo Bi
- Montada no Brasil por Helibras (parte de Eurocopter).
- HB.355N Esquilo Bi
- Montada no Brasil por Helibras.
Conversións
[editar | editar a fonte]- Heli-Lynx 355FX1
- Impulsado polo motor Allison C20F. Aprobada pola FAA, a TC e a EASA.
- Heli-Lynx 355FX2
- Impulsado polo motor Allison C20F. Aprobada pola FAA, a TC e a EASA.
- Heli-Lynx 355FX2R
- Impulsado polo motor Allison C20R. Aprobada pola FAA e a TC.
- Starflex AS355F1R
- AS355 F1 cun motor Allison C20R. Aprobada pola FAA, a TC e a EASA.
- Starflex AS355F2R
- AS355 F2 cun motor Allison C20R con palas do rotor optimizadas. Aprobada pola FAA, a TC e a EASA.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Taylor 1988, p.61
- ↑ "Airbus Helicopters ditches AS355 light twin". Flightglobal.com (en inglés). 2015-09-04. Consultado o 2018-11-17.
- ↑ "Eurocopter upgrades its most affordable twin, the AS355 Ecureuil/TwinStar – EASA Certification granted on February 15, 2007, Deliveries to commence in May". 2008-12-23. Archived from the original on 23 de decembro de 2008. Consultado o 2018-11-20.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Taylor, John W.R. Jane's All the World's Aircraft 1988–89. Coulsdon, UK:Jane's Defence Data, 1988. ISBN 0-7106-0867-5.