Europa do norte
A Europa do Norte é a rexión setentrional do continente europeo. Ó longo do tempo foi definida de diversos xeitos, aínda que hoxe en día adoita definirse como o conxunto dos seguintes países e rexións:
- os países nórdicos, que inclúen Dinamarca, Finlandia, Noruega e Suecia, xunto coas illas Åland, as Feroe e a illa de Islandia, e ocasionalmente Karelia, a península de Kola, Groenlandia e o arquipélago das Svalbard;
- xeralmente adoitan incluír á República de Irlanda, ó Reino Unido, á illa de Man e as illas da Canle (estes países e rexións tamén son considerados parte da Europa occidental);
- xeralmente tamén se adoita incluír ós países bálticos, formandos por Estonia, Letonia e Lituania (tamén considerados parte da Europa occidental);
- ocasionalmente, outras áreas en contacto co mar Báltico e o mar do Norte, por exemplo, o noroeste de Rusia, o norte de Polonia, os Países Baixos,Bélxica, Luxemburgo e o norte de Alemaña.
Antes do século XIX, o termo “nórdico” adoitaba empregarse para definires ó relativo ó norte de Europa, o cal incluía ós países nórdicos, á parte europea de Rusia, ós países bálticos (que naquela época estaban formados por Livonia e Curlandia) xunto con Groenlandia.
En tempos máis antigos, cando o continente estaba dominado polas culturas do Mediterráneo (como o Imperio Romano), as áreas de Europa afastadas daquel mar xeralizábanse dentro do grupo do Norte de Europa, incluíndo o que posteriormente se convertería en Alemaña, nos Países Baixos e Austria. O termo de “Europa do norte” para referirse a dita rexión segue a empregarse hoxe en día nalgúns contextos. Na idade media, o termo Thule empregábase para designar un lugar semimítico no norte do continente.
No contexto da Unión Europea: Dinamarca, Suecia, Finlandia, Estonia, Letonia, Lituania adoitan ser vistos como as nacións que conforman a rexión norte de Europa.
Danevirke e a Canle da Mancha adoitan ser consideradas liñas divisorias entre a Europa do norte e o resto do continente dende que, no oeste, a maior parte da área ó sur das mesmas foi gobernada algunha vez polos francos durante o reinado de Carlomagno, mentres que a maioría dos territorios atopados no norte pertenceron nalgún tempo ó Reino de Inglaterra durante o goberno de Canuto II.
Aclaracións
[editar | editar a fonte]- Os estados bálticos inclúen por extensión a Alemaña, Polonia e Rusia.
- Os estados bálticos foron, durante a guerra fría e anteriormente no Imperio Ruso, considerados parte da Europa do leste; porén, a súa poboación non é eslava e comparten gran partes da súa historia cos países nórdicos.
- Escandinavia é unha denominación ambigua, xa que adoita referirse á totalidade dos países nórdicos como tamén a algúns deles exclusivamente.