Eva García Sáenz
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Eva García Sáenz de Urturi 20 de agosto de 1972 (52 anos) Vitoria, España |
Educación | Universidade de Alacant |
Actividade | |
Campo de traballo | Actividade literaria, literatura, lectorship (en) , administración de empresas, rede social, optometria (pt) e Rede social |
Lugar de traballo | Alacant |
Ocupación | novelista, xerente, escritora, profesora universitaria |
Período de actividade | 2012 - |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Sitio web | evagarciasaenz.com |
Eva García Sáenz de Urturi, nada en Vitoria (Áraba) en 1972,[1] é unha novelista vasca en lingua castelá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Con 15 anos foi vivir a Alacant. Estudou óptica e optometría na Universidade de Alacant,[2] e despois pasou a traballar como docente nesa institución como técnica de biblioteca[3]
En 2012, logo de enviar sen éxito o texto a diversas editoriais, publicou con Amazon a súa primeira novela, La saga de los longevos.[4] En 2014 publicou Los hijos de Adán e Pasaje a Tahití.[5] Con elas, converteuse nun fenómeno de vendas e foi traducida ao inglés.[1]
En 2016, publicou El silencio de la ciudad blanca, novela negra ambientada na súa cidade natal[5] coa que comezou a triloxía La ciudad blanca. Para ambientarse no proxecto contactou cunha academia de policía, onde fixo dous cursos de inspección técnica ocular e revelado de pegadas. Segundo comentou, "O peor foi a inspección técnica ocular, pois tes que ver moitas fotos de crimes e foron dous meses moi intensos e técnicos, pero serviume para facer a novela máis verosímil e para escribir algo que non revolvese o estómago do espectador, quería unha historia que non salpicase sangue, máis elegante".[6] A triloxía foi un enorme éxito editorial, conseguindo máis dun millón de lectores; tamén foi traducida a quince idiomas e foi adaptada cinematograficamente por A3Media Cine.[1]
No ano 2020, gañou a 69ª edición do Premio Planeta coa súa novela do xénero histórico, Aquitania.[2]
Obra
[editar | editar a fonte]- 2012, La saga de los longevos: la vieja familia (Saga de Los Longevos 1)
- 2014, Los hijos de Adán (Saga de Los Longevos 2)
- 2014, Pasaje a Tahití
- 2016, El silencio de la ciudad blanca (Triloxía La Ciudad Blanca 1)
- 2017, Los ritos del agua (Triloxía La Ciudad Blanca 2)
- 2018, Los señores del tiempo (Triloxía La ciudad Blanca 3)
- 2020, Aquitania
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Lorenci, Miguel (15 de outubro de 2020). "ideal.es". ideal.es (en castelán). Consultado o 17 de outubro de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 Cortés Galdo, Rocío (15 de outubro de 2020). "Eva García Sáenz de Urturi gana el premio Planeta". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 17 de outubro de 2020.
- ↑ "Autores - Eva García Sáenz". La Esfera de los Libros. Consultado o 22 de outubro de 2016.
- ↑ "De técnico en la biblioteca en la Universidad de Alicante a fenómeno mediático en Amazon". El Mundo. 23 de maio de 2012. Consultado o 22 de outubro de 2016.
- ↑ 5,0 5,1 "La vitoriana Eva García Sáenz de Urturi presenta en la Catedral de Santa María su exitosa novela El silencio de la ciudad blanca". El Correo. 6 de xullo de 2016. Consultado o 22 de outubro de 2016.
- ↑ África Pardo (19 de abril de 2016). "De la novela histórica a la criminal". Diario Información. Consultado o 22 de outubro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eva García Sáenz |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- www.evagarciasaenz.com páxina web oficial.