Saltar ao contido

S-55

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Explorer 16»)
Explorer 23, un satélite de tipo S-55, antes do lanzamento.

S-55 foi unha serie de satélites artificiais do programa Explorer da NASA lanzados a principios dos anos 1960.[1][2][3]

Características

[editar | editar a fonte]

Os catro satélites S-55 foron deseñados para estudar o rendemento e guiado dos satélites e investigar a natureza e efectos dos micrometeoroides nos sistemas das naves espaciais. Tiñan forma de cilindro de 61 cm de diámetro e 192 cm de longo e usaban a estrutura da cuarta etapa dos foguetes Scout que se usaron para lanzalos. A bordo levaban células de aceiro inoxidable presurizadas como detectores de penetración. así como detectores de impacto, detectores capacitores e detectores de sulfuro de cadmio para obter datos sobre o tamaño, cantidade, distribución e momento das partículas de po na contorna próxima á Terra.[1][2][3]

O primeiro S-55 en ser intentado lanzar o foi a bordo dun Scout X1 o 30 de xuño de 1961 desde as instalacións de voo de Wallops e non conseguiu chegar a órbita a causa dun fallo da terceira etapa. O satélite perdeuse.[1][2][3]

S-55A (Explorer 13)

[editar | editar a fonte]

O S-55A, denominado tamén como Explorer 13, foi lanzado con éxito a bordo dun Scout X1 o 25 de agosto de 1961 pero a súa órbita foi máis baixa do esperado, cun perixeo de só 125 km e un apoxeo de 1164 km. O satélite reentrou na atmosfera só dous días despois do lanzamento, sen chegar a rexistrar ningún impacto de meteroide, o que axudou a establecer límites de impactos e mellorar o deseño de futuros experimentos.[1][2][3]

S-55B (Explorer 16)

[editar | editar a fonte]

S-55B ou Explorer 16 foi enviado a órbita o 16 de decembro de 1962 a bordo dun Scout X3. Desta vez non houbo problemas e o satélite entrou nunha órbita de 750 x 1181 km, na que estivo sete meses funcionando sen problemas.[1][2][3]

S-55C (Explorer 23)

[editar | editar a fonte]

S-55C (Explorer 23) tiña un deseño lixeiramente distinto ao do resto de satélites S-55. Tiña unha lonxitude de 234 cm en lugar dos 192 cm dos anteriores e ademais dos experimentos comúns estudou tamén o efecto dos meteoroides nas células solares. Foi lanzado o 6 de novembro de 1964 a unha órbita de 466 x 977 km mediante un Scout X4. Funcionou durante un ano, cumplindo os seus obxectivos, aínda que o experimento do detector con células de sulfuro de cadmio fallou ao ser danado durante o lanzamento.[1][2][3]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Misión[1][2][3] Data de lanzamento[1][2][3] Foguete lanzador[1][2][3] Notas[1][2][3]
S-55 30 de xuño de 1961 Scout X1 Fallo
S-55A (Explorer 13) 25 de agosto de 1961 Scout X1 Éxito
S-55B (Explorer 16) 16 de decembro de 1962 Scout X3 Éxito
S-55C (Explorer 23) 6 de novembro de 1964 Scout X4 Éxito
  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 Mark Wade (2023). "S-55" (en inglés). Consultado o 24 de outubro de 2023. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "S-55, a, b (Explorer (12), 13, 16)" (en inglés). Consultado o 24 de outubro de 2023. 
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "S-55c (Explorer 23)" (en inglés). Consultado o 24 de outubro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]