Saltar ao contido

Exposición Universal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Exposición universal»)
A exposición universal de París en 1900

Exposición Universal é o nome xenérico de varias exposicións de grande envergadura celebradas por todo o mundo desde a segunda metade do século XIX. A organización que se ocupa oficialmente de nomear as cidades organizadoras deste tipo de eventos é a Oficina Internacional de Exposicións (BIE).

As exposicións aprobadas polo BIE poden ser consideradas universais, internacionais ou especializadas, cunha duración de entre 3 e 6 meses. No entanto, calquera país ou cidade pode organizar feiras e exposicións similares sen o patronazgo do BIE.

O concepto de exposición universal contribuíu fortemente á comunicación social dos logros imperialistas, ao incorporarse como curiosidades elementos etnográficos propios das culturas dominadas por parte das grandes potencias imperiais.

Deste xeito, nestas megafeiras mostrábanse os grandes avances da invención tecnolóxica á beira das últimas expresións (aceptadas pola Academia) da arte. A primeira exposición tivo lugar en Londres en 1756.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]