Saltar ao contido

Futebol Clube de Famalicão

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «FC Famalicão»)
Famalicão
NomeFutebol Clube de Famalicão
Alcume(s)Famalicenses
Fundación21 de agosto de 1931
EstadioEstádio Municipal 22 de Junho,
Vila Nova de Famalicão,
Portugal
Inauguración1952
Capacidade5307
PresidentePortugal Miguel Ribeiro
AdestradorPortugal Armando Evangelista
LigaPrimeira Liga
2023/24
Na rede
https://www.fcfamalicao.pt/
Facebook: FCFamalicao Twitter: fcf1931_oficial Instagram: futebolclubefamalicao Youtube: UCrdACJmXTNUkg5azXfMC8eA TikTok: fcfamalicao Editar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo

O Futebol Clube de Famalicão, coñecido simplemente como Famalicão, é un club de fútbol portugués con sede en Vila Nova de Famalicão. Fundado o 21 de agosto de 1931, milita na Primeira Liga, máxima categoría do fútbol portugués.

Desde 1952 o Famalicão xoga os seus partidos como local no Estádio Municipal 22 de Junho, con capacidade para 5.307 espectadores. Os dous períodos de máis éxito da súa historia déronse a principios da década de 1990 o primeiro deles, cando o club xogou catro tempadas na Primeira Liga, e dende 2019, momento no que o equipo regresou á máxima categoría. O club é propiedade de Quantum Pacific Group, que posúe tamén o 30% do Atlético de Madrid.

O Futebol Clube de Famalicão foi fundado o 21 de agosto de 1931 por seis amigos. O seu primeiro encontro foi na inauguración do seu campo, o Campo da Berberia, cun partido contra o FC Porto en 1932. O seu primeiro equipamento era verde e branco, pero finalmente foi cambiado por branco e azul para conseguir a afiliación do Porto. Comezou a competir na tempada 1932(33 no Campionato de Promoción Rexional, do que se proclamou campión. Na 1945/46, o club chegou ás semifinais do Taça de Portugal baixo a dirección do adestrador húngaro Janos Szabo, pero foi derrotado por 11-0 polo Sporting CP de Cândido de Oliveira.[1]

Militou na máxima categoría durante a tempada 1946/47 e tamén na 1978/79, antes de iniciar un período de catro anos na categoría entre 1990 e 1994. Na década de 2000 caeu ata as divisións rexionais. En maio de 2015 regresou á Segunda Liga, despois de 19 anos de ausencia.

Ao comezo da tempada 2018/19, o 51% das participacións do club foron compradas por Quantum Pacific Group, un grupo liderado polo empresario israelí Idan Ofer que tamén posúe o 33% do Atlético de Madrid.[2] O 28 de abril de 2019, o club obtivo o ascenso á máxima categoría por primeira vez nun cuarto de século.[3]

O 11 de setembro de 2019, Quantum Pacific Group aumentou a súa participación na Sociedade Anónima Deportiva do club do 51% ao 85%.[4] Coa vitoria por 1-0 sobre Paços de Ferreira en xaneiro de 2020, o club chegou ás semifinais da copa por primeira vez desde 1946.[1]

  1. 1,0 1,1 "Famalicão na meia-final da Taça para recordar o passado" (en portugués). 16 de xaneiro de 2020. Consultado o 10 de agosto de 2024. 
  2. "Una empresa israelí compró un club de fútbol portugués" (en castelán). 2 de xullo de 2018. Consultado o 10 de agosto de 2024. 
  3. "Famalicão volta à I Liga 25 anos depois" (en portugués). 29 de abril de 2019. Consultado o 10 de agosto de 2024. 
  4. "Quantum Pacific Group passa a deter 85 por cento da SAD do Famalicão" (en portugués). 11 de setembro de 2019. Consultado o 10 de agosto de 2024.