Feng Huo 1
Aparencia
(Redirección desde «FH 1A»)
Feng Huo 1, abreviadamente coñecidos como FH-1, é o nome dunha serie de satélites de comunicacións militares chineses que proporcionan comunicacións en banda C e en UHF. Os satélites son fabricados por China Aerospace Science and Technology Corp. usando o bus DFH-3 e son lanzados mediante foguetes CZ-3A. O primeiro satélite da serie foi lanzado o 25 de xaneiro de 2000 (dándoselle a designación ZX 22 ou ChinaSat 22), mentres que o segundo o foi o 12 de setembro de 2006 (ZX 22A ou ChinaSat 22A).[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mark Wade (2020). "FH-1" (en inglés). Consultado o 5 de abril de 2020.
- ↑ Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "FH 1A, 1B (ZX 22, 22A)" (en inglés). Consultado o 5 de abril de 2020.