Fabiola Mora y Aragón
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Doña Fabiola Fernanda María-de-las-Victorias Antonia Adelaida de Mora y Aragón 11 de xuño de 1928 Madrid, España |
Morte | 5 de decembro de 2014 (86 anos) Laeken, Bélxica (pt) |
Lugar de sepultura | Cripta Real (Bélgica) (pt) |
Consort of the Belgians (en) | |
15 de decembro de 1960 – 31 de xullo de 1993 ← Astrid de Suecia – Paola Ruffo di Calabria → | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Instituto San Isidro |
Actividade | |
Ocupación | enfermeira, escritora, escritora de literatura infantil, consorte |
Outro | |
Título | Raíña (1960–2014) Queen Consort of the Belgians (en) (1960–1993) Dona |
Familia | House of Mora y Aragón (en) |
Cónxuxe | Balduíno I de Bélxica (1960–) |
Pais | Gonzalo de Mora y Fernández, Marques de Casa Riera e Blanca de Aragón y Carrillo de Albornoz |
Irmáns | María de la Luz de Mora y Aragón Gonzalo de Mora y Aragón Jaime de Mora y Aragón |
Premios | |
Sitio web | monarchie.be… |
Fabiola Fernanda María de las Victorias Antonia Adelaida de Mora y Aragón, chamada Fabiola de Mora y Aragón, coñecida como Fabiola de Bélxica e co título oficial de raíña Fabiola de Bélxica, nada en Madrid o 11 de xuño de 1928 e finada en Bruxelas o 5 de decembro de 2014, foi unha nobre española, raíña consorte de Bélxica na segunda metade do século XX.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era a terceira filla de Gonzalo de Mora y Fernández Riera del Olmo, conde de Mora e marqués de Casa Riera, e de Blanca de Aragón y Carrillo de Albornoz Barroeta-Aldamar y Elío. Un dos seus sete irmáns foi o actor Jaime de Mora y Aragón. Prepárase como enfermeira e traballa nun hospital de Madrid.
Reinado
[editar | editar a fonte]O 15 de decembro de 1960, casou en Bruxelas co rei Balduíno de Bélxica, fillo do rei Leopoldo III e da raíña Astrid. A partir dese momento recibirá o título de "raíña dos belgas", coa que se lle coñecerá. A súa actividade como raíña consorte nunha democracia parlamentaria non tivo intervención política, e dedicouse a tarefas de promoción social e educación.
Ademais de visitar outros países en viaxes oficiais e de ser a anfitrioa doutros mandatarios estranxeiros en Bélxica, foi a presidenta de honra de UNICEF en Bélxica, e creou diversas institucións, como a Fundación Raíña Fabiola de Saúde Mental. Asumiu cargos de representación institucional vencellados á cultura, á infancia e á saúde, como a presidencia de honra do premio Raíña Isabel de Bélxica de música a partir de 1965. Foi nomeada membro de honra da Real Academia de Medicina de Bélxica.
Tralo reinado
[editar | editar a fonte]Non tivo fillos, e á morte do seu home o 31 de xullo de 1993 a coroa pasou ao irmán de Balduíno, o rei Alberte II de Bélxica. O seu título pasou de ser Fabiola, raíña dos belgas ao de raíña Fabiola de Bélxica, mentres que a raíña dos belgas pasou a ser a súa cuñada Paola de Bélxica.
Durante cinco anos seguiu vivindo no castelo de Laeken, ata que en 1998 se muda ao castelo de Stuyvenberg, e dedicou o seu tempo a labores sociais, mentres que restrinxiu as súas aparicións en público. Representa en 1995 a Bélxica no cumio mundial das Nacións Unidas sobre a muller, celebrado en Beixín, aceptou ser madriña dunha fragata F930 da Armada belga (2007) e presidiu en funcións honorarias a Fundación Rei Balduíno.
A comezos de 2009 foi operada de tiroide en Liexa. Unha semana despois foi hospitalizada, aqueixada de pneumonía.
Vida persoal e crenzas
[editar | editar a fonte]Fabiola de Bélxica, ao igual que o foi o seu home, foi católica e pertenceu ao movemento neopentescostal, unha corrente que destaca o papel do Espírito Santo na fe e na práctica relixiosa. Por esa razón vestiu completamente de branco no enterro do seu home, en vez do tradicional loito negro.
Hai un colexio en Santiago de Compostela que leva o nome de Raíña Fabiola na súa honra.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Fabiola Mora y Aragón |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Información sobre Fabiola de Bélxica na web da monarquía belga.