Saltar ao contido

Fernando Clavijo Batlle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fernando Clavijo»)
Modelo:BiografíaFernando Clavijo Batlle

(2023) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de agosto de 1971 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
San Cristóbal de La Laguna, España Editar o valor en Wikidata
Presidente das Canarias
14 de xullo de 2023 –
← Angel Victor Torres Perez
Presidente das Canarias
2015 – 2019
← Paulino RiveroAngel Victor Torres Perez →
Deputado no Parlamento das Canarias
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de La Laguna Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo San Cristóbal de La Laguna Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, empresario Editar o valor en Wikidata
Partido políticoCoalición Canaria Editar o valor en Wikidata

Twitter: equipoclavijo Editar o valor en Wikidata

Fernando Clavijo Batlle, nado en San Cristóbal de la Laguna, Tenerife, o 10 de agosto de 1971, é un político español, membro de Coalición Canaria, presidente do Goberno das Illas Canarias dende 2015.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en San Cristóbal de la Laguna, concello no que segue residindo desde entón e no que viviu en diversos barrios e vilas como San Roque, Los Baldíos, Bajamar ou o Barrio del Timple. Cursou o Bacharelato no Instituto Vise y Clavijo, e máis tarde licenciouse en Ciencias Económicas e Empresariais na Universidade de La Laguna. Traballou na empresa privada, tamén mentres estudaba, e foi asesor do Organismo de Actividades Musicais do Concello de San Cristóbal de la Laguna, así como concelleiro de Seguridade Cidadá dende 2003 até 2007 e alcalde entre 2008 e 2014.[1]

No eido político, Fernando Clavijo afiliouse a ATI (hoxe Coalición Canaria) en 1992, e dende entón ocupou diferentes cargos de responsabilidade interna no partido, entre os que salientan o de Secretario Xeral dos mozos de ATI na Laguna dende 1997 a 2003, e o mesmo cargo a nivel insular dende 2001. Dende ese ano até o seu nomeamento como alcalde (o máis novo da historia do concello) foi primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo. Está en política dende 1992, sendo secretario xeral das mocidades ATI-CC e, posteriormente, presidente da Agrupación Local de Coalición Canaria na Laguna, ademais de pertencer á Executiva Nacional do partido. Dende 2012 é Secretario Xeral de Coalición Canaria en Tenerife.

Durante a súa alcaldía, a cidade cultivou varios premios internacionais, entre eles, os entregados polo Ministerio de Cultura, á xestión do Plan Especial de Protección do Centro Histórico, e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio ao modelo de Zona Comercial Aberta. Asemade, La Laguna obtivo o Premio Reina Sofía contra as Drogas.[2]

Foi o candidato de Coalición Canaria para a Presidencia do Goberno das Canarias nas eleccións autonómicas de 2015, tras derrotar a Paulino Rivero no Consello Político do seu partido celebrado o 12 de setembro de 2014. Tras esas eleccións, nas que a súa coalición obtivo 18 deputados, e, tras unha coalición co PSOE (15 deputados), accedeu á presidencia do Goberno da comunidade autónoma o 9 de xullo de 2015.

  1. "'Nuevo alcalde, nueva generación'". Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2011. Consultado o 09 de outubro de 2018. 
  2. "BREVE HISTORIA DE LOS PREMIOS REINA SOFÍA CONTRA LAS DROGAS".