Fernando Martínez Vilanova
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1949 Tourón, Ponte Caldelas [1] |
Educación | Universidade de Vigo Universidade de Salamanca Universidade Autónoma de Barcelona |
Actividade | |
Ocupación | pintor, crítico, historiador da arte |
Fernando Martínez Vilanova, en ocasións coñecido como Fernando Vilanova, nado o 30 de outubro de 1949 en Vilarchán (parroquia de Tourón, no concello de Ponte Caldelas),[1] é un pintor, historiador da arte e crítico galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Belas Artes na Universidade Autónoma de Barcelona, fixo os cursos de doutoramento na Universidade de Salamanca e leu a tese de doutoramento na Universidade de Vigo. Foi catedrático de debuxo no IES A Xunqueira II de Pontevedra. Crítico de arte, ten colaborado en xornais, revistas especializadas e catálogos con traballos como "As fontes artísticas de Castealo"; "Meu Pontevedra" (1986); "Luís Seoane, a arte como significado" (1994); "Arquitectura, escultura, pintura, 25 anos de creatividade" (1988); "Unha aportación peculiar ao urbanismo tradicional, San Sebastián de Covelo" (1992); "O escultor Uxío Souto" (1993); "Camilo Nogueira, escultor" (1996). Como pintor ten realizado diversas exposicións individuais e colectivas.[2][3]
Obra escrita
[editar | editar a fonte]- A pintura galega (1850-1950). Escola, Contextualización e Modernidade (1998). 496 páxs. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-8302-271-9. Estuda o valor da renovación da pintura galega nos anos 30.
- A ourivería tradicional en Galicia (2011). Deputación de Pontevedra. 174 páxs. ISBN 978-84-8457-377-7. Catalogación dos modelos de ourivería desde o XVIII ao XX en Galicia.
- O inverno ausente... nos corazóns galegos de Salvador de Bahia (2021). Fervenza Ed. 352 páxs. ISBN 978-84-18136-32-0. Obra de ficción baseada en feitos reais que retrata a emigración galega a Brasil.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Martínez Vilanova, Fernando". Diccionario enciclopédico galego universal 40. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 110. ISBN 84-7680-429-6.
- ↑ "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2022. Consultado o 2022-02-16.
- ↑ "Martínez Vilanova, Fernando - Editorial Tirant Lo Blanch". editorial.tirant.com. Consultado o 2022-02-16.
- ↑ Regueira, Susana (2021-07-13). "“La epopeya gallega en América estaba por contar”". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2022-02-16.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Martínez Vilanova, Fernando". Enciclopedia Galega Universal 11. Ir Indo. 1999-2002. p. 451. ISBN 84-7680-288-9.
- "Martínez Vilanova, Fernando". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 289.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Compilación de bibliografía relativa a Fernando Martínez Vilanova
- Pintores de Galicia (2013). TVG. Interveñen Díaz Pardo, Sobrino, Castro, López Bernárdez e Fernando Martínez Vilanova.