Saltar ao contido

Fiannamail ua Dúnchado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fiannamail de Dalriada»)
Modelo:BiografíaFiannamail ua Dúnchado
Biografía
Nacementoséculo VII Editar o valor en Wikidata
Morte700 Editar o valor en Wikidata
Dalriada
698 – 700
← Ainbcellach mac Ferchair (pt) TraducirSelbach mac Ferchair → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosIndrechtach mac Fiannamail Editar o valor en Wikidata

Fiannamail ua Dúnchado foi rei dos Escotos de Dalriada dende o ano 698 até o 700. Neto de Dúnchad mac Conaing e fillo de Conall Cael mac Dúnchad, falecido en Kintyre no ano 681.[1] Provén dunha póla dos Cenél nGabráin, quen entraron en combate contra os Cenél Loairn despois do asasinato de Eochaid mac Domangairt no 697, descendente directo de Domnall Brecc.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Toma o trono despois da expulsión de Ainbcellach mac Ferchair quen é enviado en cativerio a Irlanda. Os Anais do Ulster revélannos que foi asasinado dous anos despois, no 700[2] sen dúbida por Selbach mac Ferchair, irmán de Ainbcellach e que posteriormente sobe ao trono.

No 697, aparece como un dos asinantes da Lex Innocentium, promulgada por San Adomnan.[3]

A súa familia estabelécese en Kintyre, xogando un papel importante na vida política da rexión durante corenta anos. Nesta familia aparece un tal Becc Ua Dúnchada quen puido ser o seu irmán e que será asasinado no 707. Tamén figura un aparente fillo, Dunchad Becc, rei de Kintyre quen venceu a Selbach mac Ferchair na batalla naval de Ard Nesbi, o 6 de setembro ou de outubro do 719[4] e que morrería no ano 721.[5][6]

Indrechtach, fillo de Fiannamail que non é recoñecido como rei de Dalriada nos Anais do Ulster, foi vencido na batalla de Druin Cathmail logo de falecer, no mesmo ano, o seu irmán Conall e "moitos máis" na cidadela de Forboros, en mans do rei picto Óengus I no 741.[7][8]

  1. Anais do Ulster U681.3
  2. Anais do Ulster U700.4
  3. Anais do Ulster U697.3
  4. Anais do Ulster U719.7
  5. Anais do Ulster U707.1
  6. Anais do Ulster U721.1
  7. Anais do Ulster U741.10
  8. Anais do Ulster U741.6