Fidel Fernán
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de abril de 1954 (70 anos) Cospeito, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Familia | |
Fillos | Telmo Fernández |
Irmáns | Miguel Anxo Fernán-Vello |
Jesús Fidel Fernández Bello[1], máis coñecido como Fidel Fernán, nado en Cospeito o 25 de abril de 1954, é un comunicador, empresario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É titulado en Dereito, Procurador dos Tribunais, Experto universitario en Bioética e Biodereito (UNED) e Mediador Civil e Mercantil, Social e Comunitario. Vinculouse desde moi novo ao mundo da comunicación. Primeiro na Cadena SER en Madrid (1974), e máis tarde xa en Radio Lugo (1979). A mediados da década dos 80, presentou o magazine Telegalicia, en TVE. Tamén traballou en TVE Internacional, co espazo Mar a Mar (1990).
A estadía en TVE foi paralela á súa presenza en RNE-4, co magazine Hoxe en Día. En 1991 promoveu as emisoras de Radio Principal en Monforte de Lemos e Vilalba, actualmente vinculadas á SER. Catro anos despois fundou TV7 Sur, televisión con cobertura no sur da provincia de Lugo.
Xa na década de 1990, presentou varios programas na TVG, como Viva o Domingo, Arestora, Que foi de..., De viva voz, Galeguidade ou Cousa Cousiña.
Vida política
[editar | editar a fonte]Foi militante do PSOE na clandestinidade e fixo campaña por este partido en Cuenca en 1977, xunto con Virgilio Zapatero, quen chegaría a ser ministro entre 1986 e 1993[2]. Nas eleccións xerais de abril de 2019 foi suplente ao Senado nas listas do Partido dos Socialistas de Galicia[3].
Distincións
[editar | editar a fonte]- Premio Anduriña polo programa Galeguidade (1995)
- Premio TP ao mellor programa por Arestora (1989)
- Premio TP español á creatividade pola mascota Pupo de Arestora (1989)
- Premio TP ao mellor presentador galego de televisión (1988 e 1989)
- Premio Tertulia de RNE ao mellor programa de televisión por Telegalicia (1987)
Vida privada
[editar | editar a fonte]É irmán do poeta, editor e político Miguel Anxo Fernán Vello. O seu fillo Telmo Fernández Hevia (m. 2023) foi un músico de jazz.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Xunta xeral extraordinaria de Cadea Galega de Televisión, SA". BORME. Consultado o 11/11/2019.
- ↑ "El periodista Fidel Fernán se postula como candidato socialista al Senado". La Voz de Galicia. Consultado o 11/11/2019.
- ↑ "Candidaturas proclamadas ao Senado pola provincia de Lugo". Portal electoral. Arquivado dende o orixinal o 11/11/2019. Consultado o 11/11/2019.