Saltar ao contido

Flora Veiga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Flora Veiga Aldariz»)
Modelo:BiografíaFlora Veiga
Biografía
Nacemento8 de xaneiro de 1938 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra, política Editar o valor en Wikidata

Flora Veiga Aldariz, nada en Lugo o 8 de xaneiro de 1938, foi unha mestra e política galega, unha das tres primeiras mulleres en sentar no Parlamento de Galicia (1981-1983).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mestra de profesión, tivo entre os seus destinos Vilalba[1]. Logo pasou a ser inspectora de educación durante os últimos anos do franquismo, e na transición foi nomeada delegada do Ministerio de Educación e Ciencia en Ourense (1976). Posteriormente, a finais de (1977) deixou a delegación ourensá pola luguesa[2].

Nas primeiras eleccións autonómicas o seu nome figurou na terceira posición da lista electoral de UCD por Lugo, e resultou elixida. Foi unha das tres mulleres da Cámara, con Enma González Bermello e Carmen Lovelle. En 1983 presentou a súa renuncia e abandonou a carreira política[3].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]